Dende Código Octopus guíannos con esta presentación na realización de historias e xogos.
4.10.- Algúns exemplos
Podemos facer moitas cousas diferentes con Scratch. O bo que ten esta ferramenta é a sinxeleza e a gradación. Podemos crear proxectos facilmente con pouco que saibamos, e recursos máis complexos segundo coñezamos mellor as súas posibilidades. Os proxectos de arranque que ofrece a páxina de Scratch son os ideais para analizar. Son proxectos que están deseñados para que entremos neles e realicemos todas as probas que precisemos. Como di a páxina de Scratch “proba estes proxectos de arranque creados polo equipo Scratch. Foza neles para facer cambios e probar as túas ideas. “
Acceso a proxectos de arranque en Scratch: https://scratch.mit.edu/starter_projects/
Exemplos incribles
A páxina seguinte ofrece unha serie de proxectos Scratch seleccionados pola súa complexidade. É moi interesante para ver ata onde podemos chegar con Scratch
Os proxectos están seleccionados segundo os seguintes criterios:
- Programación sorprendente e complexa
- Deseño e arte realmente excepcionais
- Idea (s) orixinal e / ou innovadora (s)
(En inglés)
"Scratch - Incredible projects", [En liña]. Dispoñible: https://scratch.mit.edu/studios/201826/
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0