Existen na actualidade moitas aplicacións, plataformas ou ferramentas que permiten programar con bloques. Destacamos algunha polo seu interese para nós. Profundaremos nunha delas, quizais a máis entendida agora mesmo: Scratch. Pero o manexo de Scratch vai ser moi similar ao de outras ferramentas de programación visual, polo que será fácil pasar dunha a outra.
