![Imac On White Surface Near Apple Keyboard And Magic Mouse Foto dende arriba dunha mesa cun ordenador e unhas mans que o manexan, xunto cun café e unha pranta.](pexels-photo-597330.jpeg)
Coñecemos un pouco as bases da programación informática. Sabemos que podemos realizar multitude de actividades mediante a programación porque a tecnoloxía así nolo permite. O único que debemos facer é falarlle á máquina. Aquí estivo moitas veces a complexidade: código e máis código en linguaxes con sintaxes estrañas. Pero o avance da tecnoloxía tamén ten influencia na forma na que creamos ese código. En concreto: a evolución das interfaces coas que nos atopamos ao entrar nunha aplicación. Así se crearon as linguaxes de programación por bloques, ou linguaxes de programación visual. Son moito máis intuitivas e nos facilitan o camiño para dicirlle á computadora o que queremos. A fin do proceso é a mesma: a linguaxe máquina, e xa sabemos o que pasa polo camiño; o que ocorre é que agora é moito máis fácil para nós crear programas, probalos, modificalos, etc.