
TRIÁNGULOS SEMELLANTES |
|
|
Dous polígonos son semellantes se os ángulos homólogos son iguais e os lados homólogos son proporcionais. No caso dos triángulos, dada a súa simplicidade, este criterio simplifícase aínda máis xa que coñecendo dous ángulos α e β, o terceiro será sempre γ = 180° - (α + β). Do mesmo xeito, coñecidos dous lados, o terceiro estará condicionado pola lonxitude dos anteriores e polo ángulo que forman. |
|
|
Por tanto, no caso dos triángulos,será suficiente que se cumpra algunha das seguintes condicións para que exista unha relación de semellanza: |
|
| •Ter dous ángulos iguais, xa que implica que o terceiro tamén o é. | |
| •Ter un ángulo igual e dous lados proporcionais, xa que condicionan a medida do outro lado. | |
| •Estar en posición de Tales, é dicir, dous lados sobre dúas rectas secantes e o terceiro sobre rectas paralelas entre sí que cortan as anteriores. | |