RELACIÓN ENTRE AS ÁREAS E OS VOLUMES DE FIG. SEMELLANTES

Se dúas figuras F e F’ son semellantes con razón de semellanza r, o cociente entre as súas áreas será o cadrado da razón de semellanza.

AF’/AF
= r2

Vexámolo para o caso dun cadrado.

Sexa un cadrado de lado a. Se construímos outro cadrado semellante de razón de semellanza r os seus lados serán ar e br.

A área do primeiro será A=a2

A área do segundo será A’=a2r2

Polo que:

A’/A
= r2

Para calquera outra figura o razoamento é o mesmo

Tamén se pode afirmar que se dúas figuras F e F’ son semellantes con razón de semellanza r, o cociente entre os seus volumes será o cubo da razón de semellanza.