SUPERFICIE DA ESFERA

A superficie dunha esfera só se pode desenvolver no plano de xeito aproximado. Porén, existe unha relación moi interesante entre a superficie dunha esfera de radio R e a do cilindro que a contén (de radio R e altura 2R). Esta relación é a seguinte:


A área da esfera é igual á área lateral do cilindro que a contén.


É dicir,


Aesfera = Alat cilindro = 2 π R 2 R ou o que é o mesmo  Aesfera = 4 π R2 

A relación anterior tamén é aplicable a casquetes e zonas esféricos. É dicir, a área do casquete ou da zona esférica é igual á area lateral do cilindro que a contén.