6. Glosario
-
A
-
Asteroide
Corpo rochoso, de menor tamaño que un planeta, que orbita arredor do Sol entre as órbitas de Marte e Xúpiter.
-
Astro
Calquera corpo celeste: estrela, planeta, satélite, ...
-
-
C
-
Cometa
Corpo celeste formado por xeo e rochas que se move arredor do Sol describindo órbitas moi elípticas.
-
Conexión
Contacto entre dúas partes dun sistema. En informática, medio polo que se establece comunicación entre dous equipamentos informáticos.
-
-
F
-
Ficheiro
En informática, lugar virtual no que se garda información (texto, imaxe, etc.).
-
Fusión nuclear
Proceso mediante o que se unen dous núcleos de dous átomos liberando moita enerxía. Nas estrelas únense dous núcleos de hidróxeno para formar núcleos de helio.
-
-
I
-
Icona
Símbolo que identifica un elemento informático: ficheiro, cartafol, aplicación, ...
-
-
O
-
Órbita
Curva pechada descrita por todo astro que gravita arredor doutro.
-
-
P
-
Planeta
Astro con movemento independente pero sen luz propia. Xira arredor dunha estrela.
-
Planeta anano
É unha nova categoría de planetas que reúne aqueles que non limparon a veciñanza da súa órbita doutros corpos celestes.
-
-
S
-
Satélite
Astro que xira arredor dun planeta.
-
-
Z
-
Zodíaco
Franxa imaxinaria do firmamento na que semellan moverse o Sol, a Lúa e os planetas. Divídese en doce partes e a cada unha delas correspóndelle unha das doce constelacións que o forman.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0