1.2 Coñecementos previos
-
Coñecemento das normas básicas de uso dun aparello eléctrico, e comprobación do estado das conexións, do cableamento e do acendido primeiro da CPU, e despois da pantalla do noso computador, no caso de ser de sobremesa, e o botón de acendido no caso de ser un portátil.
-
Probablemente vostede teña traballado con operacións como facer as contas nas tendas, ao mercar unha entrada, ao repartir un pagamento entre varios compañeiros, cando se move polas plantas dun aparcadoiro, cando comproba as diferenzas de temperatura entre dous días, etc. Todas esas situacións hanlle servir para estudar os números naturais.
-
Moitas veces, cando ollamos o ceo á noite, podemos contemplar nel numerosos puntos de luz. Algúns brillan moito, outros semellan moverse e mesmo, ás veces, podemos imaxinar figuras neles, pero todo o que vemos só é unha pequenísima parte do que denominamos Universo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0