2.1.1 O hardware e software
Introdución
A palabra informática, de orixe francesa, aparece no ano 1962 como combinación de dous termos: información e automática. A informática pode definirse como o tratamento automático da información por medio de computadores.
O computador traballa internamente con milleiros de interruptores que só poden estar en dous estados, ou apagados ou acendidos. O estado acendido represéntase por un 1 e o apagado por un 0. Este sistema de representación con base en ceros e uns denominase binario,e é o que empregan todos os computadores.
A mínima información que podemos representar está formada por un 1 ou un 0, é dicir o estado en que se atopa un deses interruptores que hai no interior do computador. Pois ben, esa información mínima que pode ter dous estados posibles, 1 e 0, é o que se denomina bit.
-
Escalas de magnitudes
Magnitude
Símbolo
Equivalencia
1 byte
B
8 bits
1 quilobyte
Kb
1.024 bytes
1 megabyte
Mb
1.024 quilobytes
1 xigabyte
Gb
1.024 megabytes
O hardware e o software
Na informática podemos distinguir dúas partes: o hardware e o software.
- Hardware: está formado polos elementos físicos cos que se constrúe o computador: a carcasa, os circuítos electrónicos interiores, o teclado, o monitor, a impresora e todos os compoñentes que se poidan conectar ao computador.
- Software: é o conxunto de programas que nos permiten controlar o funcionamento do computador. Os programas que nos permiten realizar distintos tipos de tarefas: escribir cartas, consultar unha enciclopedia, realizar os planos dunha casa, levar a xestión dunha empresa ou simplemente xogar.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0