4. Actividades complementarias
S16. Defina hardware.
S17. Defina: USB, CPU, modem e CD Rom
S18. Describa as funcións do botón esquerdo do rato.
S19. Practique no escritorio do seu computador: co rato abra a ventá dun documento de texto e escriba un documento de texto sobre a definición de informática utilizando o rato.
S20. Na data de nacemento de Luís, as unidades do ano están ocupadas por un 7, ten 19n centenas e o valor de posición de 8 é 80 unidades. En que ano naceu Luís?
S21. Ordene e represente nunha recta numérica as distancias por estrada entre A Coruña e Lugo, Santander, Bilbao, Oviedo, San Sebastián e Madrid.
S22. Escriba 2.012 como:
|
|
|
|
S23. O radar dun control de trafico conta 65 coches cada minuto. Se está traballando unha hora, cantos coches contará?
S24. Unha nai merca un equipamento de musica e paga 30 euros de entrada. O resto págao en 12 mensualidade de 10 euros cada unha. Canto custa o equipamento?
S25. Exprese en forma de potencia a superficie dos océanos seguintes:
|
|
|
|
S26. Escriba os números seguintes:
-
- Dous millóns trescentos mil oito.
- Trece millóns cincocentos cinco mil cincocentos cinco.
- Cen mil douscentos.
- Vinte e cinco millóns trinta e tres.
S27. Complete a táboa seguinte.
S28. Complete o seguinte cadro e poña o seu enderezo galáctico:
S29. Está o universo en constante cambio ou permanece invariable? Razoe a resposta.
S30. Cal é o tipo de átomo máis abundante nas estrelas e no Universo?
S31. A que se debe a luz e a calor que desprenden as estrelas?
S32. A Vía Láctea, é ?
S33. De que está constituído o Sol? Por que desprende tanta enerxía?
S34. Que diferenza hai entre planeta e satélite?
S35. Que diferenza hai entre asteroide, meteorito e cometa?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0