Saltar navegación

2.4.1 Definición e orixe do universo

Definición

O Universo ou Cosmos é o conxunto de toda a materia que existe. As masas de materia que constitúen o Universo denomínanse corpos celestes ou astros, e comprenden as estrelas, que emiten luz, e os astros opacos.

 

Non se coñece o tamaño do Universo. Sábese que hai espazos con grande acumulación de materia

Grupo local de galaxias

A nosa galaxia é a Vía Láctea; tería un aspecto parecido a esta se puidésemos fotografala dende o exterior

O Sol e o conxunto de astros que o acompañan: o Sistema Solar

A Terra: o planeta en que vivimos

As galaxias están constituídas por agrupacións de estrelas. A nosa galaxia é a Vía Láctea. O sol é unha pequena estrela da Vía Láctea.

A vía Láctea

Algunhas curiosidades

 
  • Nos lugares afastados das cidades, nas noites en que o ceo está limpo e as luces das cidades non molestan, pódese ver unha grande mancha de cor branco no ceo. É a Vía Láctea.

  • O seu nome fai referencia a que parece unha mancha leitosa cando se observa a simple vista.

  • Nalgunhas rexións recibe o nome de Camiño de Santiago. Dise que servía de guía aos peregrinos no seu camiño cara a Compostela

Orixe

Na actualidade, a teoría máis admitida sobre a orixe do Universo é a da Grande Explosión, máis coñecida por esta expresión en inglés: Big Bang. Segundo esta teoría, hai uns quince mil millóns de anos todos os corpos celestes estaban xuntos nun universo de pequenas dimensións, constituído por materia e enerxía. Este universo estoupou en pequenísimas porcións de materia, liberando así mesmo grandes cantidades de enerxía.

Estas porcións de materia continuaron afastándose unhas das outras, o que fixo que o universo se fose arrefriando e permitiu que se formasen os primeiros átomos: o hidróxeno e o helio. A materia condensouse en certos puntos formando as galaxias, constituídas por nebulosas e millóns de estrelas.

O universo está en continua expansión: as galaxias sepáraranse cada vez máis.

Actividades propostas

S9. Redacte unha definición de Universo.

S10. Explique como se atopaba o Universo hai 15.000 millóns de anos. Que aconteceu daquela?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0