Saltar navegación

2.5.2 Elementos do Sistema Solar

Denomínase Sistema Solar o conxunto de planetas, planetas ananos, satélites, asteroides e cometas que orbitan de xeito regular arredor do Sol. O Sistema Solar está formado por:

  • Unha estrela: o Sol.
  • Oito planetas: Mercurio, Venus, A Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
  • Tres planetas menores: Plutón, Ceres e Eris.
  • Unha chea de satélites, asteroides e cometas.
 
  • O Sol é unha estrela anana de cor amarela. No seu núcleo, os átomos de hidróxeno están reaccionando constantemente entre eles, orixinando outro elemento, o helio, e producindo unha inmensa cantidade de enerxía que ascende a superficie, desde a que se transmite en forma de luz e calor.
  • Un planeta é un astro opaco que xira arredor dunha estrela.
  • Os satélites son astros opacos, máis pequenos que os planetas, que xiran arredor deles. A Terra posúe un satélite chamado Lúa, e Marte ten dous satélites, chamados Fobos e Deimos.
  • Os asteroides son pequenos corpos celestes opacos que, do mesmo xeito que os planetas, xiran arredor do Sol. Coñécense máis de 2000 asteroides, case todos rochosos e a maior parte móvense en órbitas situadas entre Marte e Xúpiter, no chamado cinto de asteroides.
  • Os meteoritos son corpos que atravesan a atmosfera. Ao rozaren co aire entran en incandescencia; os máis grandes chegan a bater contra a superficie terrestre e os máis pequenos desintégranse antes de chegar a ela. Orixinan sucos luminosos de escasa duración, denominados estrelas fugaces.
  • Os cometas son astros de pouca masa que xiran arredor do Sol en órbitas moi alongadas. Só son visibles cando se aproximan ao Sol debido a que ao queceren con el, se orixina unha cola de gases e po que queda iluminada.

Animación sobre o momento do sistema solar.

Compartida por jlmunoz Licencia CC-BY-SA, GeoGebra

 

Actividades propostas

S14. Completar, relacionando as dúas columnas:

 

A nosa galaxia chamase

A forma é

No seu interior hai

A galaxia máis próxima á nosa é

Habilitar JavaScript

 

S15. A que tipos de astros ou agrupacións deles se refiren as seguintes frases?

 

  • Astros que xiran arredor de estrelas e non teñen luz propia.

  • Pequenos corpos rochosos que xiran arredor do Sol.

  • Astros que emiten enerxía continuamente.

 

  • Agrupación de estrelas.

  • Agrupación de galaxias.

  • Astros que xiran arredor dalgúns planetas.

  • Astros que xiran arredor do Sol nunha traxectoria moi alongada.

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0