2.2.2 O teclado e o rato
O teclado
Coñecer o teclado é importante, xa que nos permitirá acudir sen perder tempo á tecla adecuada en cada momento. Cada un debe perder algo de tempo co seu teclado ou co teclado que traballe habitualmente. Distinga as teclas numéricas das alfanuméricas, as teclas de movemento do apuntador, as teclas de control de páxinas, as teclas de función, etc.
-
Teclas de función

Teclas de control de páxina

Teclas de movemento
do apuntador
Teclado alfanumérico
O rato
-
É o dispositivo que nos permite comunicarnos co computador.
Comprobará que na maior parte dos casos ten un botón esquerdo, un dereito e unha roda no medio.
- O botón esquerdo serve para:
– Seleccionar obxectos, elixir opcións e marcar ou desmarcar cadriños, facendo clic.
– Editar e executar aplicacións, como abrir documentos ou debuxos, cun dobre clic.
– Mover, copiar e estender a selección de textos e obxectos, arrastrando.
- O botón dereito serve para activar o menú despregable que amosa as tarefas que se poden realizar nese momento sobre o obxecto seleccionado.
- A roda serve para desprazarnos polos contidos da pantalla sen necesidade de usarmos as barras de desprazamento.
O apuntador
O apuntador do rato pode ter diferentes aspectos segundo a acción que se poida realizar. Amosaremos algunha delas:
-
-
É a súa posición habitual
-
Modificar a dimensión horizontal do obxecto
-
Permite obter axuda
-
Modificar o tamaño e manter as proporcións
-
Indica que está a traballar en segundo plano

-
Permite mover o obxecto
-
Cómpre esperar a que remate o proceso
-
Pódese introducir texto
-
Modificar a dimensión vertical do obxecto
-
Actividade resolta
A primeira pantalla do sistema operativo Windows que se amosa é o escritorio; nela veremos diferentes iconas e a barra de tarefas. Vexamos un exemplo de escritorio e marquemos os elementos que aparecen.
Actividade proposta
S4. O uso do rato é imprescindible; familiarícese con el abrindo e pechando ventás e analizando o menú do botón dereito; faga uso da roda e prema nela. Indique o que significa cada tarefa, e compróbeo no seu rato: apuntar, facer clic, dobre clic, clic e arrastre, clic dereito e clic e arrastre especial.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0