2.3.1 Sistemas de numeración, representación e ordenación
Utilidade
O números naturais serven para moitos usos cotiáns como:
- Identificar: teléfonos, DNI, matrículas, códigos postais, etc.
- Contar: casas, laranxas, etc.
- Medir: páxinas dun libro, alumnos dunha clase, etc.
- Ordenar: lonxitudes, superficies, etc.
Sistemas de numeración
O sistema de numeración permítenos escribir calquera cantidade con só dez símbolos (0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 e 9) agrupándoos de dez en dez e con diferente valor segundo a posición que ocupen; por iso dicimos que é un sistema posicional.
Cada cifra do numero 7654, ten un valor distinto, como veremos:
-
-
Cifra 7
7 millares
=
7.000 unidades
-
Cifra 6
6 centenas
=
600 unidades
-
Cifra 5
5 decenas
=
50 unidades
-
Cifra 4
4 unidades
=
4 unidades
7.654 unidades
-
Representación e ordenación
Os números naturais representarémolos nunha recta.

Diremos que a é menor que b se o punto a está á esquerda de b, e escribiremos a < b

Actividade resolta
Indique a posición da cifra 5 nos seguintes números: 7.587, 52.137, 2.345 e 2751.
-
Solución
7.577: centenas / 52.137: decenas de millar / 2.345: unidades / 2.751: decenas
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0