2.1.2 Recoñecemento de cada elemento
-
CD Rom: Compact Disc, é un medio de almacenaxe que garda a información mediante diminutas cavidades sobre a superficie posterior do disco, de tal xeito que a luz do láser do dispositivo reprodutor se reflicte cunha maior ou menor intensidade, segundo exista ou non unha perforación
-
CPU: Central Processing Unit, unidade central de procesamento, é o procesador que contén os circuítos lóxicos que realizan as instrucións do computador. Cada computador posúe unha CPU, que é a encargada de procesar toda a información que se introduce.
-
DVD: Disco Versátil Dixital, das súas siglas en inglés, Digital Versatil Disc, é un formato e soporte de almacenaxe óptica que pode ser usado para gardar datos, incluíndo películas de alta calidade.
-
Impresora: dispositivo de saída que ten por unción gravar información sobre papel e obter así un rexistro impreso, en cor ou en branco e negro, dos datos almacenados nun ficheiro.
-
Lector de CD Rom: dispositivo que permite obter a información almacenada no CD.
-
Lector de DVD: dispositivo que permite obter a información almacenada no DVD.
-
Micrófono: dispositivo de entrada que permite gravar os sons ou voz e transferilos a unha unidade de almacenaxe.
-
Módem: modulador-demodulador; dispositivo periférico externo ou interno que conecta a computadora á liña telefónica.
-
Monitor: dispositivo de saída que ten como función transformar os sinais que recibe en imaxes. Ten o aspecto similar a unha pantalla de televisor.
-
Rato: dispositivo de entrada que ao se mover sobre unha superficie plana despraza un apuntador sobre o monitor do computador.
-
Escáner: dispositivo de entrada que permite copiar texto e imaxes, e transferilos a unha unidade de almacenaxe, interna ou externa.
-
Tarxeta de son: placa que inclúe circuítos integrados, que se coloca na parte posterior da CPU do computador; conéctanse a ela os dispositivos como os altofalantes, o micrófono ou a panca de xogos.
-
Tarxeta de vídeo: placa que inclúe circuítos integrados, que se coloca na parte posterior da CPU do computador e nos permite visualizar imaxes
-
Teclado: dispositivo de entrada máis común e necesario nos computadores, permítelle ao usuario interactuar co equipamento en linguaxe natural, a través das teclas.
- USB: Universal Serial Bus ou Condutor Universal en Serie, é un porto que serve para conectar periféricos a un computador. Con este tipo de conexión temos a memoria USB, que permite a almacenaxe masiva de información. Atoparémolos no mercado de diferentes capacidades.
Actividade resolta
Cando nos pomos diante dun computador, que é o que vemos e que nos queda oculto? Denomine cada elemento (ver páxina seguinte )e familiarícese coa súa función (é importante utilizarmos todos a mesma linguaxe, para entendérmonos mellor cando falemos de computadores).
-
Dispositivos de entrada
Dispositivos de saída
No sentido das agullas do reloxo: rato, teclado, micrófono, joystick, escáner e pantalla táctil.
Pantalla, altofalantes e impresora.
Actividade proposta
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0