Saltar navegación

2.2.1 Acender e apagar o computador

Acender

Antes de pasar a acender o computador, comprobaremos que estea perfectamente conectado á rede eléctrica.

  • Para acender o computador ten que premer no botón de arranque da unidade central e logo premer no do monitor, se o computador é de sobremesa. Se é un portátil só temos que premer no botón de arranque.
  •  Poderemos empezar cando o sistema operativo estea executado. Aparecerá o escritorio de Windows, a pantalla principal que contén as iconas.
  • Ao arrastrarmos o rato, o apuntador vaise mover pola pantalla.

Apagar

Para apagarmos o computador teremos que seguir un ritual; non abonda con darlle ao botón.

  • Seleccione o menú Iniciar.
  • Elixa a opción Apagar o computador.
  • Na ventá despregada pulse a tecla Apagar.

Reiniciar

Ás veces cumprirá reiniciar o computador, para o que tamén é necesario seguir uns pasos. Isto será necesario por varias razóns, entre elas, se o computador se bloquea ou se introducimos cambios na configuración do sistema. Verá que pode reiniciar o equipamento de varios xeitos:

  • A través do menú Iniciar.
  • Se non é posible, sempre pode premer xuntas as teclas: Ctrl + Alt + Supr”.
  • Por último, premendo no botón de apagado do computador durante uns segundos seguidos.

A CPU ten que estar conectada á rede eléctrica e os periféricos teñen que estar conectados coa CPU. Habitualmente, o monitor ten conexión coa rede eléctrica, así como os altofalantes e a impresora.

 

Actividades resoltas

Seguramente ten o seu computador conectado e listo para comezar. Comprobe que as conexións sexan as correctas. Una con frechas as conexións correctas.

 

Solución

A CPU debe estar unida á rede eléctrica, así como a impresora. A pantalla debe estar conectada á rede eléctrica (ás veces pode facerse a través da CPU) e estar conectada á CPU. A impresora debe estar conectada coa CPU. O rato e o teclado deben estar conectados á CPU.

Os portos nunha computadora son os lugares específicos de conexión con outro dispositivo ( de entrada e saída), en xeral mediante un enchufe situado na parte posterior da CPU. Distinga entre portos en serie, portos paralelos e portos USB, e indique o tipo de conexións se realiza en cada un.

Portos en serie

portos en serie

  • Conexión por medio da que se envían datos a través dun só conduto. Transfire un só bit de cada vez. Exemplo: o rato, o módem ou as impresoras.

Portos paralelos

portos en paralelo

  • Conexión por medio da que se envían datos a través de varios condutos. Transfire varios bits de datos ao mesmo tempo. Utilizase para a impresora.

Portos USB

portos USB

  • É un novo tipo de conexión para a conexión de dispositivos externos. A súa vantaxe é a mellora da velocidade de transmisión, a redución de custos e que permite aumentar o número de dispositivos que pode soportar un computador. Na actualidade unha grande cantidade de periféricos levan este tipo de portos.

 

Actividades propostas

S2. Cada conexión ten un porto de entrada diferente. Na actualidade pode recoñecer as conexións, polas cores. Outra posibilidade é que sexan de tipo USB. Comprobe as conexións no seu computador, para se familiarizar con elas.

S3. En certas ocasións será necesario apagar o computador e volvelo iniciar, sen chegar a desconectalo; isto chámase reiniciar. Inténteo no seu computador

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0