5. Glosario
-
A
-
Amnistía Internacional
Organización non gobernamental fundada en 1961 polo avogado británico Peter Beneson. O seu labor consiste na protección internacional dos dereitos humanos plasmados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.
-
-
C
-
Competencias
Funcións de poder que lle corresponden a un organismo político ou administrativo.
-
-
D
-
Diplomacia
Servizo dos estados que se encarga das relacións internacionais.
-
-
E
-
Estado
Organización política e administrativa que exerce o poder sobre as persoas que habitan nun territorio concreto.
-
-
F
-
Función executiva
Función do Goberno que consiste en dirixir a Administración e ocuparse dos actos que día a día afectan o funcionamento xeral do Estado.
-
-
G
-
Golpe de estado
Toma violenta do poder vixente nun país, xeralmente por forzas militares, para instaurar un réxime autoritario.
-
-
I
-
Imperio da lei
Obriga que teñen os xuíces e maxistrados de facer cumprir a Constitución e as demais leis.
-
-
L
-
Lexitimación
Aceptación dos sometidos para que as obrigas que impón o poder sexan obedecidas sen ter que recorrer á violencia. Por exemplo, no Antigo Réxime, a lexitimidade baseábase na crenza de que o poder do rei lle era outorgado por Deus; actualmente, nos réximes democráticos, baséase no concepto de soberanía popular (o poder reside no pobo).
-
-
N
-
Nacionalidade histórica
Nome que se lles dá ás comunidades autónomas de Cataluña, o País Vasco e Galicia, porque durante a II República tiveron un estatuto de autonomía aprobado ou en trámites de aprobación.
-
-
P
-
Principio de subsidiaridade
Expresión que significa que todo o que poida resolver o municipio non o faga a comunidade autónoma, e todo o que poida resolver a comunidade autónoma, non o faga o Goberno de España.
-
Progresividade
Que un sistema de impostos é progresivo significa que pagarán máis os que máis teñan e gañen, e en proporción á súa riqueza e renda.
-
Proxección exterior
Política destinada a mellorar a integración, os intercambios económicos e culturais e as comunicacións con todos os países, en especial os do contorno europeo e americano, no contexto dun mundo globalizado.
-
-
R
-
Referendo
Consulta electoral para afirmar ou negar unha lei ou unha medida.
-
Reformismo
Doutrina política que se basea na idea de que a transformación da sociedade pode facerse a través de reformas das leis, sen ter que recorrer á revolución.
-
-
T
-
Transición
Período que vai desde a morte de Franco ata o inicio da democracia.
-
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0