4.1 Solucións das actividades propostas
S1
Por esta orde: autoridade, lexitimidade, Estado, diplomacia, burocracia, poder e goberno.
S2
Con "Aceptación pacífica do poder por parte dos que obedecen"; é dicir, coa lexitimidade.
S3
a – c – e – f.
S4
Libres: calquera persoa pode presentarse como candidata. Plurais: os electores poden elixir entre opcións. Realizadas por sufraxio universal: todas as persoas maiores de idade poden votar sen ningún tipo de discriminación. Periódicas: celebraranse cada certo tempo.
S5
-
a) Os directos aplícanse sobre os ingresos (soldo) e as propiedades das persoas, e os indirectos sobre os bens e servizos que adquirimos.
-
b) Directos: IRPF; indirecto: IVE.
-
c) Soster os servizos públicos: seguridade social, atención sanitaria, pensións de xubilación, educación, vivendas sociais, infraestruturas, forzas de seguridade do Estado, bolsas de estudos...
S6
Presentar candidatos ás eleccións.
S7
-
a) Ao período que vai desde a morte de Franco, en 1975, ata a instauración da democracia, nunha data variable segundo os historiadores.
-
b) Proceso graduado: os políticos resolveron os asuntos seguindo unhas prioridades. Equilibrado: desmantelouse paseniño o réxime franquista e foise construíndo o sistema democrático paulatinamente. Consensuado: acordado pola maioría das forzas políticas e baseado na reconciliación social; lexitimado pola sociedade mediante dous referendos.
S8
-
a) Morte de Franco.
-
b) Proclamación de Juan Carlos de Borbón como Rei de España.
-
c) Adolfo Suárez é nomeado presidente do goberno.
-
d) promúlgase a Lei para a reforma política.
-
e)celébranse eleccións xerais.
-
f) ratificación en referendo da Constitución.
S9
-
a) Que a transición democrática foi un proceso difícil, froito dun diálogo entre o Goberno e a oposición.
-
b) Que, partindo das leis do franquismo, se establecese unha monarquía parlamentaria lexitimada pola soberanía popular.
-
c) Que a actuación do presidente das Cortes franquistas foi esencial para que estas votasen a favor da reforma política.
S10
-
a) Pasar desde a ditadura a un réxime democrático, suprimindo as Cortes franquistas, posibilitando a convocatoria de eleccións xerais democráticas e prevendo a promulgación dunha Constitución.
-
b) O valor supremo das leis, a soberanía popular, o recoñecemento das Cortes como a única institución con potestade para elaborar as leis e a implantación do sufraxio universal.
S11
A violencia exercida polos partidos e grupos extremistas: asasinatos e secuestros.
S12
-
a) Suárez e os líderes dos partidos políticos con representación parlamentaria.
-
b) Establecer unha serie de acordos de carácter económico, político e social para consolidar a democracia e reducir a conflitividade social.
-
c) Redución da inflación, equilibrio da balanza de pagamentos, incremento das reservas de divisas, aumento dos beneficios das empresas e, sobre todo, un clima político tranquilo que permitiu chegar á Constitución.
S13
a – 2. b – 2. c – 2. d – 1. e – 2. f -2. g – 1. h – 1. i – 2. j – 2.
S14
-
a) Foron gañadas pola coalición UCD, seguida do PSOE.
-
b) Formouse un Goberno da UCD.
S15
-
a) O novo Goberno centrouse na reforma do exército, no proceso autonómico e na proxección exterior de España, retomando as negociacións para entrar na CEE e na OTAN.
-
b) Que os partidos que formaban a coalición UCD se foron separando dela pouco a pouco.
-
c) Adolfo Suárez, forzado polas circunstancias, dimitiu.
S16
-
a) Un intento de golpe de Estado.
-
b) Volver á ditadura.
-
c) Porque non contou co apoio da maioría dos capitáns xenerais, que se mantiveron fieis á legalidade, e, sobre todo, pola actitudedo Rei, que rexeitou claramente o golpe de estado.
S17
-
a) A militarización dos funcionarios, a prohibición dos sindicatos e das folgas, a suspensión dos partidos políticos, a suspensión do dereito de liberdade de movemento e a asunción do poder xudicial.
-
b) "Ordenei ás autoridades civís e á Xunta de Xefes de Estado Maior que tomen as medidas necesarias para manter a orde constitucional dentro da legalidade vixente" e "A Coroa non pode tolerar en forma ningunha accións ou actitudes de persoas que pretendan interromper pola forza o proceso democrático."
S18
-
a) O 28 de outubro de 1982.
-
b) Superar a crise económica, implantar o Estado do Benestar, impulsar as obras públicas e preparar o país para a súa integración na Comunidade Económica Europea.
S19
-
a) Levar a cabo unha política de axuste nos sectores industriais en crise: xubilacións anticipadas, coberturas de desemprego aos parados, concesión de créditos e subvencións a fondo perdido ás empresas que presentasen proxectos rendibles, recolocación dos parados e apoio á innovación tecnolóxica.
-
b) As taxas de paro seguiron sendo as máis elevadas de Europa.
-
c) O descrédito dos últimos gobernos socialistas por casos de corrupción e o fortalecemento do Partido Popular, que aplicou unha profunda reestruturación na súa organización e un cambio xeracional na dirección.
S20
-
a) No primeiro goberno, ao non obter a maioría absoluta, tivo que contar co apoio de partidos nacionalistas, mantivo a política social dos gobernos anteriores e dialogou cos sindicatos e achegouse aos partidos nacionalistas.No segundo, con maioría absoluta, iniciou unha reformas educativas, laborais, de inmigración e antiterroristas, aplicou unha política económica de carácter neoliberal e en política exterior produciuse un achegamento aos EEUU, apoiando a este país na invasión de Iraq.
-
-
b) A aplicación dunha política económica neoliberal, coa conseguinte redución do Estado do Benestar.
-
S21
Consulte un atlas actualizado e cubra o mapa deste texto.
S22
-
a) Desde 1995 son cidades con estatuto de autonomía.
-
b) Galicia, o País Vasco e Cataluña.
S23
-
a) O artigo 2.
-
b) O Título VIII: Da organización territorial do Estado.
S24
En primeiro lugar atendéronse as reivindicacións das chamadas nacionalidades históricas: a primeira autonomía concedida foi a de Cataluña, en 1977; logo a de Euskadi, en 1978; e Galicia, cunha Xunta provisional, sen competencias propias, en 1978. Resoltos estes tres casos, o proceso continuou ata implantar o modelo en todo o Estado, coas 17 Comunidades Autónomas actuais.
S25
-
a) Unha Asemblea ou Parlamento, un Goberno ou Consello e un Presidente.
-
b) A primeira: é o órgano lexislativo, controla o goberno autonómico, elixe o Presidente da Autonomía e aproba os orzamentos autonómicos. O segundo é o poder executivo e fai cumprir as leis aprobadas polo Parlamento Autonómico. O terceiro dirixe o goberno autonómico, nomea os conselleiros e exerce a suprema representación da Comunidade.
S26
-
a) É a división territorial básica de España.
-
b) O órgano de poder e de goberno municipal é o Concello, formado polo alcalde e os concelleiros.
S27
-
a) Os deputados da deputación provincial escóllense entre os concelleiros electos dos municipios da provincia.
-
b) O subdelegado do Goberno.
S28
En setembro de 1977 creouse a Asemblea de Parlamentarios de Galicia coa finalidade de preparar a autonomía da Comunidade Autónoma. O 11 de marzo de 1978 foi concedida a preautonomía, constituíndose unha Xunta provisional. O presidente da preautonomía nomeou unha comisión redactora dun estatuto, cuxa redacción rematou en abril 1979. O Estatuto de Autonomía de Galicia foi referendado polo pobo galego o 21 de decembro de 1980. O Estatuto de Autonomía foi promulgado mediante Lei orgánica o 6 de abril de 1981.
S29
Á defensa da identidade de Galicia e dos seus intereses; ao galego como lingua propia de Galicia, e ao deseño da bandeira de Galicia.
S30
-
a) Presidente da Xunta.
-
b) Xunta ou Goberno de Galicia.
-
c) Parlamento.
-
d) Parlamento.
-
e)Xunta.
S31
Consúltese un atlas actualizado e cúbrase o mapa deste texto.
S32
-
a) Porque cando se asinou o Tratado de Roma, en 1957, España tiña un réxime ditatorial.
-
b) A implantación dun sistema político plenamente democrático e a adaptación da produción agraria e pesqueira á comunitaria.
S33
-
a) Establecer relacións diplomáticas con todos os países do mundo, integrarse na Comunidade Económica Europea, desenvolver relacións de cooperación cos Estados Unidos, abrir un debate parlamentario para se integrar na OTAN, restaurar a integridade territorial (Xibraltar) e revisar o concordato coa Santa Sede.
-
b) Normalizar as relacións con todos os países, superar as limitacións do réxime franquista e participar activamente nas institucións internacionais.
S34
-
a) Recibíronse axudas económicas dos fondos estruturais para modernizar todos os sectores económicos e as infraestruturas; incrementouse a renda per cápita máis de 30 puntos porcentuais; creáronse unha media de 300.000 empregos anuais; o 90 % dos investimentos que recibe España do exterior procede da Unión Europea.
-
b) Resultado da indagación.
S35
-
Beneficios: modernización do sector pesqueiro polos fondos do IFOP, incremento do comercio, aumento dos investimentos, elevación do PIB per cápita, mellora das infraestruturas, creación de emprego e posibilidade de estudar no estranxeiro.
-
Desvantaxes: limitación da produción de leite, restricións á pesca nos caladoiros comunitarios, reconversión do sector da construción naval, incremento do déficit da balanza comercial.
S36
-
a) É unha área xeográfica que comprende territorios de dous Estados diferentes da UE: Galicia e Norte de Portugal, con seis millóns de habitantes repartidos nunha superficie de 50.000 km2.
-
b) Cooperar, coa axuda da UE, para elevar o seu nivel de desenvolvemento, mellorar as súas infraestruturas e facela competitiva no mercado internacional globalizado.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0