Saltar navegación

2.3.1 O ingreso na Comunidade Económica Europea

Cando se firmou o Tratado de Roma en 1957, España tiña un réxime ditatorial e por iso non foi tida en consideración. En 1979, durante a Transición, comezaron as negociacións para a adhesión de España á CEE. As condicións esixidas eran dúas:

  • Implantación dun sistema político plenamente democrático.

  • Adaptación da economía española á comunitaria, sobre todo no ámbito da produción agraria e pesqueira.

 

España solicitou tempo para adaptarse á unión aduaneira (libre circulación de produtos) e permitir así a integración progresiva dalgúns sectores produtivos. Despois de longas negociacións, tanto España como Portugal incorporáronse á CEE o 1 de xaneiro de 1986. España pasou a ter oito votos no Consello de Ministros e dous Comisarios na Comisión Europea. Tras as ampliacións posteriores, hoxe conta con un comisario e 50 deputados no Parlamento Europeo.

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0