2.3 España no escenario internacional
Desde comezos da transición á democracia, a diplomacia española intentou normalizar as relacións con todos os países, tratando de superar as limitacións do réxime franquista e buscando participar de maneira activa nas institucións internacionais.
Os gobernos da UCD buscaron un consenso cos partidos da oposición na política exterior, que tiña como obxectivos:
-
Establecemento de relacións diplomáticas con todos os países do mundo.
-
Integración na Comunidade Económica Europea.
-
Desenvolvemento de relacións de amizade e de cooperación con Estados Unidos.
-
Apertura dun debate parlamentario para integrarse na OTAN.
-
Restauración da integridade territorial no caso de Xibraltar.
-
A revisión do concordato coa Santa Sede.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0