Saltar navegación

3. Exercicios de autoavaliación

 
  1. O concepto de soberanía popular implica que...

Existe a división de poderes.

Os cidadáns podemos elixir os nosos gobernantes.

O poder lexislativo controla o poder executivo.

Se respecta a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


2. Por democracia representativa entendemos que...

A cidadanía toma directamente as decisións políticas.

A cidadanía participa na elección do presidente do goberno.

As leis son aprobadas pola cidadanía.

O poder exérceno os gobernantes elixidos pola cidadanía.


3. A orde cronolóxica dos presidentes do Goberno foi...

Calvo Sotelo, Suárez, González, Aznar e Rodríguez Zapatero.

Suárez, Calvo Sotelo, Aznar, González e Rodríguez Zapatero.

Suárez, Calvo Sotelo, González, Aznar e Rodríguez Zapatero.

Suárez, Aznar, González, Calvo Sotelo e Rodríguez Zapatero.


4. Os factores lexislativos que máis contribuíron á instauración da democracia foron...

A Lei para a Reforma Política e a Constitución.

As eleccións de xuño de 1977 e a Constitución.

A Lei para a Reforma Política e a legalización dos sindicatos.

A legalización do Partido Comunista e a Constitución.


5. Que feito equipara España coas democracias europeas?

A celebración de eleccións xerais en marzo de 1979.

A aprobación da Constitución.

A formación dun goberno socialista en 1982.

O fracaso do golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981.


6. A incorporación de España á CEE tivo lugar durante o goberno presidido por...

José María Aznar.

Felipe González.

Leopoldo Calvo Sotelo.

Adolfo Suárez.


7. As nacionalidades históricas denomínanse así porque...

Teñen unha historia común.

Tiveron con anterioridade estatutos de autonomía aprobados ou en trámite.

Tiveron institucións propias de goberno durante a Idade Media.

Son as máis antigas.


8. As competencias dunha autonomía son...

As súas institucións de goberno.

As deputacións provinciais.

As funcións de poder que poden exercer.

As relacións que manteñen co goberno de España.


9. Das seguintes afirmacións non é correcta...

A Constitución inclúe Galicia dentro das nacionalidades históricas.

O Estatuto de Autonomía de Galicia foi promulgado o 6 de abril de 1981.

O Parlamento de Galicia elabora e aproba os orzamentos.

A Xunta é o poder lexislativo de Galicia.


10. Para Galicia, a pertenza á UE supuxo:

O descenso do PIB per cápita.

Unha diminución da actividade comercial.

Un beneficio para a gandaría leiteira.

A mellora das infraestruturas grazas aos fondos estruturais.


Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0