2.3.3. Actividades: España internacional
Actividades propostas
S31. Sitúe neste mapa de Europa os 27 Estados que actualmente forman a UE (non todos se situan de forma dinámica):
Portugal, España, Irlanda, Reino Unido, Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Suecia, Dinamarca, Alemaña, Italia, Malta, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Eslovaquia, Austria, Eslovenia, Hungría, Romanía, Bulgaria, Grecia e Chipre.
S32. Por que non participou España na creación da CEE? Que condicións se lle esixían para entrar na CEE logo da morte de Franco?
S33. Cales eran os obxectivos da política exterior dos gobernos da UCD? Que se pretendía con eles?
S34. Que cambios económicos experimentou España trala pertenza á UE? Localice no seu contorno algún proxecto financiado con fondos estruturais da UE.
S35. Analice os beneficios e as desvantaxes tivo para Galicia a entrada na UE.
S36. Que é a Eurorrexión Atlántica Galicia–Norte de Portugal? Cales son os seu obxectivos?
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0