4.1 Solucións das actividades propostas
S1.
-
a) Na Conferencia de San Francisco, en xuño de 1945.
-
b) Polos Estados Unidos, a Unión Soviética, Reino Unido, Francia e China.
-
c) Obxectivos: mantemento da paz mundial, defensa dos dereitos e liberdades fundamentais do ser humano, cumprimento dos tratados internacionais, procura do progreso social e mellora do nivel de vida da humanidade.
S2.
-
a) Coinciden cos obxectivos da ONU.
-
b) Resultado da consulta.
S3.
-
a) Asemblea Xeral: aprobación do orzamento e elección dos membros non permanentes do Consello de Seguridade; Consello de Seguridade: adopta resolucións, ten a responsabilidade do mantemento da paz internacional e pode levar a cabo accións contra calquera país agresor; Secretaría Xeral: presta servizos aos outros órganos e encárgase de administrar os programas que elaboran; o seu xefe é o Secretario Xeral, elixido pola Asemblea Xeral despois da recomendación do Consello de Seguridade, para un mandato de cinco anos.
-
b) Eduardo Galeano denuncia a incongruencia ou mesmo o cinismo dunha institución que pretende manter a paz mundial e que está gobernada por potencias que fan da venda de armas un proveitoso negocio.
S4.
-
a) Porque os seus respectivos fundamentos ideolóxicos, políticos e económicos eran radicalmente opostos.
-
b) A ruptura produciuse por: as diferenzas citadas; a URSS non convocou eleccións democráticas nos países de Europa do leste; a doutrina Truman; o Plan Marshall; e polo apoio da URSS aos partidos comunistas dos países democráticos (doutrina Jdánov).
S5.
-
a) Un estado de tensión permanente, de acoso continuado do contrario, de ameazas de guerra tanto convencional coma atómica, de confrontación ideolóxica, de guerra económica e de espionaxe, mantido entre as dúas superpotencias durante máis de corenta anos.
-
b) Entre outros: a crise de Berlín, coa partición de Alemaña; a guerra de Corea; a crise cubana; a guerra de Vietnam…
-
c) O momento de máxima tensión aconteceu durante a crise dos mísiles de Cuba.
-
d) En 1947 a ONU autorizou a creación do Estado de Israel en terras de Palestina; a raíz deste feito xerouse un permanente estado de tensión entre xudeus e palestinos, con catro guerras e conflitos e tensións permanentes ata hoxe.
S6.
-
a) Ialta e Potsdam.
-
b) OTAN e Pacto de Varsovia.
-
c) Truman, a URSS, Plan Marshall e Europa Occidental.
-
d) Jdánov, EEUU, partidos comunistas, revolución.
S7.
-
a) Logo de rematada a II Guerra Mundial.
-
b) Afectou a máis da metade da superficie do planeta e da poboación mundial.
-
c) Causas: as dúas guerras mundiais, que puxeron de manifesto a importancia económica das colonias; a ONU, que favoreceu este proceso; a Guerra Fría, que levou as dúas superpotencias a ampliar as súas áreas de influencia; os movementos nacionalistas das colonias, que reivindicaban a independencia.
S8.
-
a) Procesos pacíficos e violentos.
-
b) A descolonización afectou a case toda África, e ao sur e sueste de Asia.
-
c) A independencia tivo un carácterviolento en Alxeria, Indonesia e Vietnam.
S9.
-
a) A Conferencia de Bandung acelerou o proceso descolonizador ao reivindicar o respecto á soberanía das nacións, a rebelión contra o sistema colonial e a igualdade entre razas e nacións.
-
b) Por neocolonialismo enténdese a situación actual na que se atopan as antigas colonias: economía controlada polas multinacionais e réximes políticos subordinados a eses intereses.
-
c) O fundamentalismo islámico está en contra da influencia do mundo occidental; e considera que o Islam establece tamén as bases da vida persoal, social e política.
S10.
F – V – F – V – F.
S11.
-
a) Mijail Gorbachov; no sector económico intentou incorporar elementos propios da economía capitalista (mellora da tecnoloxía, libre comercio, liberdade de empresa, fomento da iniciativa privada, autorización dos investimentos estranxeiros e privatización das terras); no campo político propuxo a democratización do sistema (pluripartidismo, eleccións libres, e dereitos e liberdades individuais.
-
b) Non foi quen de levalas a cabo.
-
c) Porque non puido equilibrar as forzas que se querían manter no pasado e as que querían acabar co comunismo.
S12.
-
a) Era un imperio feudal e milenario, que no século XIX foi ocupado polas potencias imperialistas para o seu espolio.
-
b) O triunfo da revolución comunista dirixida por Mao Zedong tivo lugar en 1949, despois dunha guerra civil de catro anos.
-
c) Logo da morte de Mao, o poder pasou a mans de dirixentes que reformaron en profundidade a economía (propiedade privada, libre mercado e apertura ao comercio exterior), mantiveron a ditadura e converteron o país nunha potencia económica mundial.
S13.
-
a) Un gran fortalecemento económico, acadando un crecemento medio do 15 % do PIB anual e a metade da riqueza mundial.
-
b) Europa recuperouse grazas ás axudas económicas do Plan Marshall, do Banco Mundial e do FMI; á intervención do Estado nos sectores económicos básicos; á terceira revolución industrial e á globalización da economía.
S14.
-
a) A forte suba do prezo do petróleo.
-
b) Consecuencias: déficit nas balanzas de pagamentos; aumento dos custos de produción; elevada inflación, descenso do PIB; quebras de empresas e aumento do paro.
-
c) Neoliberalismo: non intervención do Estado na economía; diminución dos investimentos do Estado; privatización das empresas estatais; estancamento dos salarios; privatización dos servizos sociais públicos (educación, sanidade, pensións de xubilación…).
-
d) François Houtart destaca que se se privatizan os servizos públicos, proporciónanselles uns enormes beneficios ás multinacionais que os xestionan.
S15.
-
a) É un sistema de organización social no que o Estado lle garante á poboación unha protección mediante unha serie de servizos: sanidade, educación, xubilacións, subsidio de paro…
-
b) Baséase nas teorías de Keynes.
-
c) Finánciase unha política fiscal redistributiva: paga máis impostos quen máis gaña.
S16.
-
Porque as dúas guerras mundiais deixaran Europa economicamente arruinada e moralmente afundida.
S17.
-
a) Artigo 2.: un desenvolvemento da economía e unha mellora do nivel de vida mediante o establecemento dun mercado común.
-
b) Artigo 3.: suprimir os aranceis sobre as mercancías e permitir a libre circulación de persoas, servizos e capitais.
-
c) Os momentos transcendentais foron o Tratado de París (1951), o Tratado de Roma (1957), o Tratado de Maastricht (1992) e a entrada en vigor da moeda única, o euro (2002). d) Resultado dainvestigación.
S18.
-
Comisión Europea: é o poder executivo; administra as políticas da UE, propón leis, asegura o cumprimento da lexislación e dos tratados, e elabora o orzamento. Parlamento Europeo: aproba a lexislación proposta pola Comisión e o orzamento, controla o Consello de Ministros e a Comisión, e ratifica os acordos internacionais. Consello da Unión Europea ou Consello de Ministros: é o principal organismo de toma de decisións; aproba, xunto co Parlamento, as leis propostas pola Comisión e o orzamento.
S19.
-
a) Desde a fin da Guerra Fría os EEUU interveñen en calquera rexión do planeta, segundo lles conveña aos seus intereses económicos, admitindo Rusia estes feitos sen ningunha protesta.
-
b) EE UU interveu en Iraq e Afganistán.
S20.
V – F – V – V – F.
S21.
-
a) Que non debemos prexulgar as poboacións dos Estados que teñen un comportamento internacional inadecuado; os verdadeiros responsables desas condutas son os gobernos, aos que si que hai que criticar.
-
b) Coa primeira expresión, Obama quere dicir que non é necesario restrinxir liberdades e dereitos democráticos para protexer a poboación de ataques terroristas; coa segunda fai referencia ao establecemento de negociacións con Rusia para diminuír o arsenal de armas atómicas.
S22.
-
a) É a etapa actual do capitalismo, caracterizada pola mundialización da produción, do consumo e dos intercambios comerciais.
-
b) Os factores son: a revolución tecnolóxica (informática, robótica…); a mellora dos transportes; o progreso das telecomunicacións; e a redución dos aranceis a escala internacional.
S23.
F – V – V – F – V – V.
S24.
-
a) Cos créditos hipotecarios coñecidos co nome de subprime.
-
b) Converteuse en crise global ao repartiren os bancos estadounidenses os riscos destas hipotecas con bancos de todo o mundo.
-
c) Coa crise, os defensores do neoliberalismo están a pedir a intervención do Estado na economía.
-
d) Máis próximas ao keynesianismo.
-
e) Porque avoga pola intervención do Estado na economía, proporcionando prestacións aos desempregados e facendo investimentos en infraestruturas.
S25.
-
a) Aos países subdesenvolvidos.
-
b) O control da natalidade.
S26.
-
a) A falta de concienciación, os intereses económicos das multinacionais e a indiferenza ante a inxustiza.
-
b) Pérez Esquivel afirma que as multinacionais da alimentación son as que determinan a cantidade de alimentos dispoñibles a escala planetaria.
S27.
-
a) Coa desculpa da protección da orde mundial e a loita contra o terrorismo.
-
b) Atentados contra os dereitos humanos: a pena de morte e a prisión sen probas inculpatorias (Guantánamo).
-
c) Outras violacións de dereitos: a fame, as ditaduras, a escaseza de alimentos, a destrución do planeta, o espolio material e intelectual do Terceiro Mundo, a falla de asistencia sanitaria e de vivenda, e as guerras.
-
d) Os responsables desta situación son os Estados máis poderosos.
S28.
-
a) As imaxes que estamos a ver neste instante borran as inmediatamente anteriores.
-
b) As imaxes dramáticas de noticias que vemos hoxe nos telexornais, mañá xa non nos lembramos delas.
S29.
-
a) Os creativos publicitarios saben que non somos quen de protexernos da influencia dos anuncios; os publicistas baséanse nos nosos desexos máis íntimos e nas nosas frustracións para provocar a compra dun determinado produto.
-
b) Manipúlannos porque coñecen a mensaxe que as imaxes transmiten (dirixida á nosa irracionalidade: ás emocións e aos afectos) e porque controlan o que nós percibimos.
S30.
-
a) O éxito dos medios explícase porque responden facilmente ás nosas necesidades emocionais e afectivas, case sempre inconscientes.
-
b) Porque asociar un produto cun personaxe co que nos identificamos facilita a súa venda.
-
c) O valor emocional que ten para nós o personaxe é transmitido ao produto co que vai asociado.
-
d) Os dous textos comparten a idea de que a publicidade explota os aspectos irracionais e inconscientes da nosa mente.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0