9. Glosario
-
P
-
Procusto
Na mitoloxía grega, Procusto, tamén chamado Damastes (‘avasalador’ ou ‘controlador’), Polipemón (‘moitos danos’) e Procoptas, era un bandido e pousadeiro da Ática (ou segundo outras versións, dos arrabaldes de Eleusis). Tíñaselle por fillo de Poseidón. Coa súa esposa Silea foi pai de Sinis.
Procusto tiña a súa casa nos outeiros, onde ofrecía pousada ao viaxeiro solitario, seducíao e invitábao a tombarse espido nunha cama de ferro. Se a vítima era alta, Procusto deitábaa nunha cama curta e serráballe as partes do corpo que lle sobresaían. Se, pola contra, era máis baixa, invitábaa a deitarse nunha cama longa, onde lle ataba as mans e a desfacía cun martelo ata estricala (de aquí vén o seu nome). Segundo outras versións, ninguén coincidía xamais co tamaño da cama porque esta era secretamente regulable: Procrusto alongábaa ou acurtábaa segundo a súa vontade antes da chegada das súas vítimas.
Procusto continuou co seu reinado de terror ata que se atopou co heroe Teseo, quen se deixou seducir, pero cando entrou na choza de Procusto “axustouno” cortándolle a cabeza e os pes a golpes de machado. Matar a Procusto foi a última aventura de Teseo na súa viaxe desde Trecén (a súa aldea natal do Peloponeso) ata Atenas.
En xeral, denomínase procústeo a aquilo oposto ao ergonómico, é dicir, que parte da idea de que é o home quen debe adaptarse aos obxectos e non ao revés.
-
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License