2.4 Repaso de categorías gramaticais
Actividades propostas
S9 Complete a seguinte táboa:
|
Substantivo |
Adxectivo |
Verbo |
|
|
|
Pratear |
|
|
Claro |
|
|
Estudante |
|
|
|
|
|
Navegar |
Actividades propostas
S10. Indique se as palabras subliñadas actúan como pronomes ou como determinantes:
-
Esa é a primeira posibilidade de obter o agasallo.
-
Non houbo moitos problemas para atopar algúns cans.
-
Trouxen outro porque ese libro xa o lera.
S11 Complete as oracións escribindo o xerundio do verbo que figura entre parénteses:
-
Estaba tan triste que rematou (chorar) .
-
A profesora vixiaba no exame (fitar) [ a un lado e outro.
-
Atopounos (comer)
Actividades propostas
S12. Reescriba as oracións colocando unha conxunción que exprese a relación que se indica entre parénteses:
-
Ten gripe, (oposición) virá ao concerto.
-
Fai ti cinco fotocopias (equivalencia) pídelle a Henrique que as faga el.
-
Os exames están ben, (explicación) estades todos aprobados.
A palabra das fillas de Eva
[...] Un dos debates recorrentes dos últimos anos (polo menos dos últimos anos) sobre a literatura contemporánea concerne á existencia ou inexistencia dunha literatura de muller. Probablemente en moitos foros tal debate reviste a esterilidade de todas as preguntas feitas en tempos de crise: a superficial actitude de formular preguntas para realizar, simplemente, o acto de preguntar; sen agardar, nin pretender sequera, respostas. Neste caso, a cuestión pouco ten que ver co xénero. Mais, “existe o xénero?, existe un rol reservado á muller na sociedade posmoderna?” parece dicir burlonamente un entrevistador, formulando unha pregunta que, de puro nihilista, semella aqueloutra “Ah, mais existe realmente a loita de clases logo da caída do telón de aceiro?”. A pregunta acerca da literatura de mulleres precisa xa que logo formularse de xeito máis esencial, máis feroz. Aceptemos, por un momento, a hipótese de que fose posible construír unha literatura feita por mulleres, con algún tipo de recursos que non estivesen contemplados na literatura de homes. Non é necesario insistir en que, como toda compartimentalización, esta sería relativa e podería derrubarse en calquera momento: literatura infantil, literatura de compromiso, literatura realista, literatura oral, literatura de masas ou calquera outra etiqueta son categorizacións difusas, que non determinan nin encadran nada. Volvamos ao suposto. ¿E se puidésemos defender que hai unha literatura de muller con algún tipo de perfil (temático, de ton, de contidos, de estilos, do que for)? Nese suposto hipotético, o feito de que a muller sexa sempre segundona nas historias de literatura, da arte, do mundo, pasa a cobrar singular importancia. O tópico di que a muller fala. Mesmo asegura que fala máis có home. Porén o seu discurso é un discurso irrelevante, lixeiro, discurso de conversa, de leria, de relato oral, pura rexouba. [...]
Moure, Teresa, A Palabra das fillas de Eva, Galaxia, Vigo, 2005
Actividades propostas
Actividades propostas
S13. Lea o texto e diga a que categoría gramatical pertencen e que función sintáctica cumpren as palabras marcadas en negra.
Actividades propostas
S14. Que diferenza existe entre categoría gramatical e función sintáctica? Razoe a resposta.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License