2.3 Repaso de ortografía (aspectos teóricos)

Escríbense con h

  • As palabras que empezan por hect-, heli-, hema-, hemi-, hetero-, hex-, hia-, hidr- hiper-, hipn-, hipo, holo-, homo-: hectárea, hematoma, hemiciclo, heterosexual, hexágono, hiato, hidróxeno...

  • As palabras que derivan de outras que levan h-: rehabilitar, inhumano, deshonesto...

  • Todas as formas do verbo haber.

  • Con h: harmonía, Henrique, prohibir, adhesivo, coherente, filharmónica, vehículo, ah!, eh!, uh!, oh!, boh!, bah! ...

  • Sen h: irmán, ola, ombro, ombreiro, orfo, óso, ovo, alelí, ata, baía, inchar, oco...

 

Actividades propostas

Actividades propostas

S7. Escriba h nas palabras que cumpra:

 

Ombro

Orfo

Erba

Armonía

Ipérbole

Ovo

Emisferio

Ectolitro

Onrado

Oxe

Inumano

Exibir

Boemio

Coesión

Baía

Desinchar

Coibir

Alelí

Adesivo

Inábil

Filarmónica

Truán

Velaí

Incoerente

A nai do violinista de Malá Strana

A historias que arrastraba aquel estraño violinistas escoiteina por primeira vez da boca dun musico que vive en Valmaior. contouma no despacho do conservatorio, nun edificio que mira cara a ponte de catro ollos que se ergue na desembocadura do río

Uns anos antes estivera percorrendo en bicicleta o baixo danubio. dende que as miñas dona me enganase cun compañeiro de facultade, talvez para que ninguén me recordase a margura que sufrira despóis daquel descubrimento sempre viaxaba sen compañía. Daquel periplo por austria lembro unha visita que deixoume unha pegada inesquecible. Despois de camiñar polos recantos mais fermosos da abadía beneditina de Melk me atopei coa súa espléndida biblioteca. quedei asombrado non só pola antigüidade dos seus exemplares, senón pola luminosidade que amosaban os andeles dourados e o teito de delicada trazaría.

Uns quilómetros máis abaixo, collendo a rúa peonil que bordea a marxe esquerda do Danubio, dexerguei un estraño personaje. Vino camiñando polas rúas da vila de Dürstein, coa cabeza sumida nas lousas e unha pesada mochila nas costas. Éramos os dous únicos visitantes naquela hora do mediodía, cando o sol caía sen piedade e a sombra eran inexistentes eu estaba sentado no mazadoiro dunha casa. Tiven que recoller os pes para deixalo pasar. Esperaba a chegada dunha muller que me alquilara un cuarto nunha casa situada no camiño que subía ata o cumio do castelo. Pero coido que aquel home non reparara na miña presencia. mentres subía cara ás calellas máis empinadas da zona antiga,semellaba mergullado nas súas coita.

Xerardo Agrafoxo, O violinista de Malá Strana [extraído de GRIAL, número 181]

Actividades propostas

Actividades propostas

S8. Lea o texto e realice as seguintes actividades:

    • Corrixa no texto os erros ortográficos, de léxico e de puntuación que haxa, tendo en conta os coñecementos adquiridos nos módulos anteriores.

    • Cre que a presentación formal do texto é correcta? Razoe a resposta e corrixa no texto o que considere necesario.

    • Se dispón dun ordenador, reescriba este texto mediante un procesador de textos coas oportunas correccións que lle fixo nos exercicios anteriores. Imprímao.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License