5 Resumo de contidos en lingua galega
Bloque de comunicación escrita: o currículo
O currículo persoal é o historialda nosa vida académica e profesional, onde tamén incluímos todos os outros méritos que consideremos importantes para un determinado posto de traballo. A presentación debe ser clara e precisa seguindo estas pautas:
-
Sempre se presentará escrito por unha cara.
-
Debe estar redactado cun procesador de textos (salvo casos concretos).
Hai que diferenciar o currículo xeral (que inclúe todos os datos persoais, académicos e profesionais do currículo concreto (máis abreviado, pois unicamente cita os datos relevantes para ese caso concreto).
Atendendo á súa estruturación, distinguimos o currículo cronolóxico do funcional (este ultimo presenta as actividades desenvolvidas en bloques independentes).
Bloque de coñecemento da lingua: cambios de categoría gramatical
A transformación dunha clase de palabra noutra prodúcese engadindo sufixos. Ademais, os determinantes (artigos e adxectivos determinativos) teñen a facultade de transformar calquera clase de palabra nun substantivo.
Bloque de lingua e sociedade: a situación lingüística en Galicia
En Galicia hai dúas linguas oficiais, pero nunha situación de desigualdade. Desde os anos oitenta do século XX, existe unha promoción institucional da lingua galega que lle permitiu gañar prestixio, pois é o idioma empregado no Parlamento, na televisión autonómica, na radio, no ensino, etc.
A maior parte dos habitantes de Galicia son capaces de falar, escribir e comprender ambas as linguas, pero a lingua galega continúa a perder falantes de xeito constante.
Bloque de educación literaria: a literatura galega do século XX
-
Grupos.
-
1916: Irmandades da Fala, movemento que reivindica a lingua e a cultura de Galicia. Destaca Ramón Cabanillas.
-
1920: Grupo Nós, formado por Florentino Cuevillas, Vicente Risco, Otero Pedrayo e, en parte, Castelao. Modernizan o discurso e desenvolven a narrativa e o ensaio galego.
-
Vangardas: rompen coas propostas estéticas anteriores. Sobresaen Manuel Antonio (De catro a catro) e Rafael Dieste (Dos arquivos do trasno).
-
A guerra civil española (1936-1939) e a ditadura franquista supuxeron un declive.
-
Poesía
-
Xeración do 36: poesía social de Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra).
-
Xeración dos 50:Manuel María, Uxío Novoneyra e Xosé Luís Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias).
-
Últimas décadas do século XX. Hai unha gran variedade temática e un maior interese polo valor estético da palabra: Yolanda Castaño, Álvarez Cáccamo, Fernán-Vello, etc.
-
Narrativa.
-
Narrativa de posguerra: Eduardo Blanco Amor (A Esmorga), Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro (Merlín e familia).
-
Nova narrativa: introducen técnicas renovadoras Carlos Casares, Méndez Ferrín e María Xosé Queizán.
-
Últimas décadas do século XX: gran expansión. Diversidade temática e formal. Consolídanse Víctor F. Freixanes, Alfredo Conde, Suso de Toro e Manuel Rivas.
-
Teatro.
-
Medrou considerablemente nas últimas décadas do século XX, sobre todo a partir da creación do Centro Dramático Galego en 1984. Destaca Roberto Vidal Bolaño.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License