Recursos do REA
| Recurso / Sección do REA | Ligazóns aos documentos (editable e PDF) |
|---|---|
| Exemplo de correo electrónico |
PDF do exemplo de correo electrónico (nova xanela) |
| Resumo de contidos | |
| Diario de aprendizaxe |
| Recurso / Sección do REA | Ligazóns aos documentos (editable e PDF) |
|---|---|
| Exemplo de correo electrónico |
PDF do exemplo de correo electrónico (nova xanela) |
| Resumo de contidos | |
| Diario de aprendizaxe |
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.
| 4 Excelente | 3 Satisfactorio | 2 Mellorable | 1 Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| Estrutura | O correo electrónico presenta todas as partes. (4) | Ao correo electrónico fáltalle unha parte. (3) | O correo electrónico presenta a metade das partes. (2) | No correo electrónico faltan a maioría das partes. (1) |
| Rexistro | O rexistro do correo electrónico (formal ou informal) é o adecuado, adáptase perfectamente aos destinatarios do correo electrónico. (4) | O rexistro do correo electrónico (formal ou informal) é o adecuado, mais presenta certas incoherencias. (3) | Escóllese correctamente o rexistro do correo electrónico (formal ou informal), pero presenta numerosos erros, non adecuándose correctamente ao destinatario. (2) | Non se escolle correctamente o rexistro correo electrónico: emprégase un rexistro demasiado formal ou, ao contrario, demasiado informal. (1) |
| Corrección | Non hai erros de gramática, ortografía ou puntuación. (4) | Case non hai erros de gramática, ortografía ou puntuación. (3) | Uns poucos erros de gramática, ortografía ou puntuación. (2) | Moitos erros de gramática, ortografía ou puntuación. (1) |
| Coherencia e cohesión | O correo electrónico presenta un bo nivel de coherencia e cohesión. (4) | O correo electrónico presenta un bo nivel de coherencia e cohesión, pero hai certas faltas de fluidez na redacción. (3) | O correo electrónico presenta un nivel mellorable de coherencia e cohesión. (2) | O correo electrónico carece de coherencia e cohesión. (1) |
| Fantástico! | Ben | Podería mellorarse... | Cómpre repetilo | |
|---|---|---|---|---|
| Contido | A descrición recolle as principais características físicas e psicolóxicas do personaxe. (4) | A descrición apunta algunhas características físicas e psicolóxicas do personaxe. (3) | Faltan algunhas das características físicas e psicolóxicas do personaxe que se poderían considerar fundamentais. (2) | A descrición non fai evidentes as principais características físicas e psicolóxicas do personaxe. (1) |
| Lingua | O vocabulario da descrición é rico e axeitado. (4) | O vocabulario da descrición é correcto e logra transmitir a mensaxe. (3) | Podería mellorarse a riqueza do vocabulario e mesmo escoller palabras máis adecuadas. (2) | O vocabulario do texto é demasiado pobre e non é adecuado á descrición do personaxe. (1) |
| Presentación | O texto da descrición é coherente e está ben cohesionado. (4) | O texto da descrición é coherente aínda que a cohesión se podería mellorar. (3) | Aínda que o texto é coherente, os erros de cohesión dificultan a lectura. (2) | Hai erros significativos tanto de coherencia coma de cohesión textual que dificultan a lectura e a comprensión da descrición. (1) |
| Excelente | Satisfactorio | Mellorable | Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| Estrutura e organización | As opinións expresadas no debate susténtanse sobre informacións recollidas e sobre unha reflexión previa.. (2) | As opinións expresadas no debate susténtanse sobre informacións recollidas aínda que non hai unha reflexión previa. (1,5) | As opinións expresadas no debate non se sustentan sobre informacións recollidas nin sobre reflexións previas. (1) | Non se dan expresado opinións axeitadas no debate. (0,5) |
| Comprensión do libro | Comprendeuse o tema sobre o que hai que reflexionar e demóstrase ao longo do debate coa solvencia das intervencións. (2) | Aínda que custou comprender o tema sobre o que hai que reflexionar o debate resólvese con soltura. (1,5) | Non se acabou de comprender o tema do debate e as intervencións están demasiado improvisadas. (1) | Non se comprendeu o tema sobre o que había que reflexionar e, polo tanto, non se deron expresado opinións axeitadas. (0,5) |
| Análise narrativa | Os argumentos expresados no debate son orixinais e están ben expresados. (2) | Os argumentos expresados no debate son orixinais, aínda que se expresan con algunha dificultade. (1,5) | Os argumentos expresados no debate non son orixinais e non se expresan adecuadamente. (1) | Non hai ningún argumento orixinal nin se logra expresar unha idea coherente. (0,5) |
| Opinión persoal | As intervencións fanse desde a asertividade e o respecto cara ao resto de opinións. (2) | Respéctanse as opinións do resto de participantes no debate, aínda que custa expresar as propias con asertividade. (1,5) | Non se percibe asertividade na expresión das propias opinións e custa aceptar as dos demais. (1) | As propias opinións non se expresan con asertividade nin se respectan as dos demais. (0,5) |
| Redacción | O ton de voz, a expresión corporal e a xestualidade adecúanse ao formato de debate académico. (2) | O ton de voz, a expresión corporal e a xestualidade adecúanse ao formato de debate académico, aínda que poida haber algunha dificultade. (1,5) | Custa manter un ton de voz, unha expresión corporal e unha xestualidade adecuadas ao formato de debate académico. (1) | Nin o ton de voz, nin a expresión corporal nin a xestualidade son adecuadas ao formato de debate académico. (0,5) |
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.
Avaliarase a recensión tendo en conta os seguintes aspectos: estrutura, comprensión da obra, análise narrativa, opinión persoal e redacción.
| Ben feito! | Podería mellorarse | Cómpre repetir o traballo | |
|---|---|---|---|
| Tarefa asignada | O grupo entendeu a tarefa que se lle asignou, levouna a cabo sen complicacións e entregou a tarefa a tempo. (2.5) | O grupo entendeu a tarefa que se lle asignou, desenvolveuna con dificultades e/ou entregouna tarde. (1.75) | O grupo non realizou a tarefa que se lle asignou e/ou entregouna demasiado tarde, retrasando a publicación da revista. (0,5) |
| Maquetación | O grupo maquetou os textos respectando o formato que se estableceu de antemán: tipo e tamaño de letra, cores, marxes, etc. (2.5) | O grupo maquetou os textos respectando algunhas das cuestións que se estableceron anteriormente: tipo e tamaño de letra, cores, marxes, etc. (1.75) | O grupo non maquetou os textos conforme ao formato establecido. (0,5) |
| Revisión | Tras a última fase de revisión, os textos presentan un nivel de corrección adecuado. (2.5) | Tras a última fase de revisión, os textos presentan un bo nivel de corrección, mais aínda presentan algúns erros ortográficos ou gramaticais. (1.75) | Tras a última fase de revisión, a corrección lingüística dos textos non é a adecuada para seren publicados. (0,5) |
| Recursos gráficos | Coidáronse os recursos gráficos que acompañan aos textos. Ademais de fotografías, inclúense algunhas ilustracións propias. (2.5) | Coidáronse os recursos gráficos que acompañan os textos. Escolléronse fotografías adecuadas, pero non se crearon ilustracións orixinais. (1.75) | Os recursos gráficos que acompañan aos textos son moi pobres ou inexistentes. (0,5) |
Avaliarase a recensión tendo en conta os seguintes aspectos: estrutura, comprensión da obra, análise narrativa, opinión persoal e redacción.
| 4 Excelente | 3 Satisfactorio | 2 Mellorable | 1 Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| Participación e colaboración | Todos os membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demáis. (4) | A maior parte dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando aos demais. (3) | A metade dos membros do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre si. (2) | Só un membro do equipo (ou ningún) participou de forma activa nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre eles. (1) |
| Distribución das tarefas | As tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (4) | A maior parte das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (3) | Só a metade das tarefas repartíronse de forma equitativa entre todos os membros do equipo. (2) | Houbo un reparto moi desigual das tarefas entre os diferentes membros do equipo. (1) |
| Integración entre os membros do equipo | Durante a realización de todas as tarefas, os membros do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións dos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (4) | Durante a realización da maior parte das tarefas, os membros do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron aos demais e foron capaces de chegar a un consenso. (3) | Durante a realización das tarefas, só a metade dos membros do equipo expresaron libremente as súas opinións, escoitaron as dos demais e lograron poñerse de acordo. (2) | Durante a realización das tarefas, só un membro do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e impúxose a opinión dunha soa persoa. (1) |
| Asunción de funcións e responsabilidades | Todos os membros do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4) | A maior parte dos membros do equipo exerceu as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (3) | Só a metade dos compoñentes do equipo exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (2) | Só un membro do equipo (ou ningún) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1) |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0