| Estrutura e organización | As opinións expresadas no debate susténtanse sobre informacións recollidas e sobre unha reflexión previa.. (2) | As opinións expresadas no debate susténtanse sobre informacións recollidas aínda que non hai unha reflexión previa. (1,5) | As opinións expresadas no debate non se sustentan sobre informacións recollidas nin sobre reflexións previas. (1) | Non se dan expresado opinións axeitadas no debate. (0,5) |
|---|
| Comprensión do libro | Comprendeuse o tema sobre o que hai que reflexionar e demóstrase ao longo do debate coa solvencia das intervencións. (2) | Aínda que custou comprender o tema sobre o que hai que reflexionar o debate resólvese con soltura. (1,5) | Non se acabou de comprender o tema do debate e as intervencións están demasiado improvisadas. (1) | Non se comprendeu o tema sobre o que había que reflexionar e, polo tanto, non se deron expresado opinións axeitadas. (0,5) |
|---|
| Análise narrativa | Os argumentos expresados no debate son orixinais e están ben expresados. (2) | Os argumentos expresados no debate son orixinais, aínda que se expresan con algunha dificultade. (1,5) | Os argumentos expresados no debate non son orixinais e non se expresan adecuadamente. (1) | Non hai ningún argumento orixinal nin se logra expresar unha idea coherente. (0,5) |
|---|
| Opinión persoal | As intervencións fanse desde a asertividade e o respecto cara ao resto de opinións. (2) | Respéctanse as opinións do resto de participantes no debate, aínda que custa expresar as propias con asertividade. (1,5) | Non se percibe asertividade na expresión das propias opinións e custa aceptar as dos demais. (1) | As propias opinións non se expresan con asertividade nin se respectan as dos demais. (0,5) |
|---|
| Redacción | O ton de voz, a expresión corporal e a xestualidade adecúanse ao formato de debate académico. (2) | O ton de voz, a expresión corporal e a xestualidade adecúanse ao formato de debate académico, aínda que poida haber algunha dificultade. (1,5) | Custa manter un ton de voz, unha expresión corporal e unha xestualidade adecuadas ao formato de debate académico. (1) | Nin o ton de voz, nin a expresión corporal nin a xestualidade son adecuadas ao formato de debate académico. (0,5) |
|---|