Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Na seguinte táboa recóllense os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación en base á proposta da programación de referencia de Proens.  Hai que ter en conta que no cadro recóllese a media ponderada dos elementos curriculares que engloban as unidades 4 e 5. Baseámonos na programación de Proens pero cunha orientación máis aberta e acorde coa filosofía de aprendizaxe deste REA.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación % proposta para este REA

CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

O alumnado producirá textos sinxelos dirixidos a unha entidade social (mensaxería, correo electrónico, comentario nun blog) segundo as pautas características destes textos.  Táboa de indicadores (TI) 100
CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística. O alumnado participa nun traballo de investigación colectivo sobre as redes sociais (orixe, tipos...) con boa actitude e empregando estratexias de cooperación conversacional e cortesía lingüística.
CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información. O alumnado elabora un díptico en formato dixital que inclúe información sobre os riscos da Rede e as recomendacións que se deben seguir para evitalos.
CA2.10 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación. O alumnado grava pílulas informativas nas que, con exemplos concretos, denuncia e rexeita usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal e abusos a través da palabra.

CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.

O alumnado utiliza o léxico preciso e enriquece o vocabulario dos seus traballos con axuda de dicionarios, tanto en soporte analóxico como dixital. 
CA4.2 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual. O alumnado, logo de contrastar con axuda do profesorado varias versións dunha mesma noticia, redacta a súa propia versión, respectando os principios de propiedade intelectual.
Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores

Actividades e instrumentos empregados no REA

Nesta táboa concrétanse as actividades ou retos empregados no REA do alumnado en relación con cada criterio de avaliación, indicando en cada caso o instrumento de avaliación considerado.

Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados
CA2.2 - Realizar narracións e exposicións orais sinxelas con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social e educativo axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez e coherencia e co rexistro adecuado, en diferentes soportes e utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.

Fase 2. Apartado 2.1. Casiopea e Xúpiter

  • Quen é Xúpiter?
  • Para reflexionar

Fase 2. Apartado 2.2. Aquí hai debate

  • Aquí hai debate

Fase 3. Apartado 3.2. Cada xesto importa

  • A gravar!

Fase 5. O final da viaxe

  • Presentamos os traballos
  • Retroalimentación directa das actividades interactivas
  • Lista de cotexo para avaliar a descrición do personaxe

  • Rúbrica para avaliar a participación nos debates
  • Lista de cotexo para avaliar o traballo de investigación

  • Rúbrica para avaliar o traballo en equipo


CA2.3 - Participar en interaccións orais informais, no traballo en equipo e en situacións orais formais de carácter dialogado de maneira activa e adecuada, con actitudes de escoita activa e facendo uso de estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.

Transversal a todo o REA, con especial atención á:

Fase 2.  Apartado 2.1. Casiopea e Xúpiter

  • Para reflexionar

Fase 2. Apartado 2.2. Aquí hai debate

  • Aquí hai debate

Fase 3. Apartado 3.1. Boas novas

  • Que hai de novo?

Fase 3. Apartado 3.2. Cada xesto importa!

  • A gravar!

Fase 4. Apartado 4.3. O blog!

  • Creamos o noso propio blog
  • Rúbrica para avaliar a participación nos debates
  • Rúbrica para avaliar a participación nos debates
  • Lista de cotexo para avaliar o traballo de investigación
  • Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
  • Rúbrica para avaliar a edición do díptico e do blog de aula

CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información.

Transversal a todo o REA, con especial atención á:

Fase 1. Apartado 1.1. E agora a explorar

  • Agora exploramos!

Fase 2.  Apartado 2.1. Casiopea e Xúpiter

  • Para reflexionar

Fase 2.  Apartado 2.2. Aquí hai debate

  • Aquí hai debate
  • Rúbrica para avaliar o traballo en equipo
  • Lista de cotexo para avaliar o traballo de investigación
  • Rúbrica para avaliar a participación nos debates

CA2.10 - Identificar e desterrar os usos discriminatorios da lingua, os abusos a través da palabra e os usos manipuladores da linguaxe, partindo da reflexión e da análise dos elementos lingüísticos, textuais e discursivos utilizados, así como dos elementos non verbais da comunicación.

Transversal a todo o REA, con especial atención á:

Fase 4. Apartado 4.3. O blog!

  • Creamos o noso propio blog
  • Rúbrica para avaliar a edición do díptico e do blog de aula

CA4.1 - Incorporar procedementos básicos para enriquecer os textos, atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical.



Transversal a todo o REA, con especial atención á:

Fase 3. Apartado 3.1. Que hai de novo?

  • Compara e escribe

Fase 4. Apartado 4.1. Atrévete a deseñar!

  • E agora a deseñar

Diarios de aprendizaxe de todas as fases

  • Rúbrica para avaliar a edición do díptico e do blog de aula
  • Rúbrica para avaliar a edición do díptico e do blog de aula
CA4.2 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e adoptando un punto de vista crítico e de respecto aos principios de propiedade intelectual.

Transversal a todo o REA, con especial atención á:

Fase 3. Apartado 3.1. Boas novas

  • Que hai de novo?
  • Lista de cotexo para avaliar a produción dunha noticia

Feito con eXeLearning (Nova xanela)