Nesta táboa imos relacionar as diferentes fases da situación de aprendizaxe do REA do alumnado co número de sesións previstas para cada unha delas, recollendo unha breve descrición do traballo que se vai desenvolver nas diferentes seccións de cada fase. De acordo coa programación modelo de Proens, este REA deseñouse para desenvolver en 13 sesións, mais cómpre ter en conta que debe ser unha periodización adaptable segundo as necesidades e ritmos do grupo. A proposta é que se traballe este recurso no segundo trimestre.
A temporalización aproximada recomendada para cada fase deste REA sería a seguinte:
| Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver |
Temporalización |
|
1. Un mar de posibilidades
(Descrición)
|
1.1. E agora a explorar
1.2. Diario de aprendizaxe
|
- Sesión de introdución e motivación sobre o noso reto: explicarase que se vai facer, que se vai conseguir e cal é a meta.
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Breve introdución sobre as orixes e a evolución da rede e os perigos dunha navegación non segura
- Tarefa de investigación sobre as orixes da rede, vantaxes e desvantaxes e os perigos de navegar por ela
- Diario de aprendizaxe
|
2 sesións |
|
2. Comeza a navegación
(Exploración. Coñecementos previos)
|
2.1. Casiopea e Xúpiter
2.2. Aquí hai debate
2.3. Diario de aprendizaxe
|
- Exploración nas propias experiencias en relación cos coñecementos necesarios para abordar o reto
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Lectura do fragmento da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas
- Tarefa individual de comprensión lectora
- Tarefas de reflexión sobre a lectura
- Posta en común das reflexións
- Reflexión sobre a prohibición dos móbiles nos centros de ensino
- Tarefas de reflexións sobre a obxectividade e a veracidade das noticias
- Tarefas sobre as noticias falsas
- Debate sobre a prohibición dos móbiles nos centros educativos
- Diario de aprendizaxe
|
4 sesións |
|
3. Navegamos con respecto
(Conexión)
|
3.1. Que hai de novo?
3.2. Cada xesto importa!
3.3. Diario de aprendizaxe
|
- Profundización na conexión con outros coñecementos: estrutura das noticias e comparación entre distintas fontes informativas
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Achegamento crítico á noticia
- Comparación entre distintas noticias
- Actividade de redacción colaborativa: creación dunha nova noticia a partir de distintas fontes
- Reflexión sobre a netiqueta (as boas prácticas na rede) e gravación dunhas pílulas informativas sobre usos discriminatorios.
- Diario de aprendizaxe
|
3 sesións |
|
4. O poder da comunicación
(Reto final)
|
4.1. Atrévete a deseñar
4.2. Cun só clic...
4.3. O blog
4.4. Diario de aprendizaxe
|
- Realización do reto final: posta en común das habilidades necesarias para a creación do blog de aula e mais do díptico dixital
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Deseño e realización do díptico informativo
- Análise das partes dun correo electrónico, redacción da proposta de correos e envío dos correos electrónicos co díptico dixital
- Análise e deseño do blog de aula, redacció do blog e lanzamento do blog na rede
- Diario de aprendizaxe
|
3 sesións |
|
5. O final da viaxe
(Conclusión)
|
5. O final da viaxe
5.1. Diario de aprendizaxe
|
- Conclusións sobre o traballo realizado ao longo do REA
- Lectura/comentario/explicación do glosario
- Presentación sobre os distintos traballos:
- Explicación da noticia
- Resumo da pílula informativa
- Díptico informativo
- Reflexión e posta en común das aprendizaxes adquiridas ao longo do reto
- Resumirá e explicará a súa noticia.
Mostrará a pílula informativa que gravou. Ensinará o seu díptico informativo. Explicará o que aprendeu realizando estes traballos.
- Diario de aprendizaxe
|
1 sesión |