Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no PROENS para a materia de Lingua galega e literatura de 1º da ESO, contextualízase na unidade 6 (A rula).
No recurso trabállanse contidos dos bloques da programación: "As linguas e os seus falantes", "Comunicación" e "Reflexión sobre a lingua".
| Contidos |
Bloque da materia |
- Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
- Xéneros discursivos propios do ámbito social. Redes sociais e medios de comunicación. Etiqueta dixital. Riscos de desinformación, manipulación e vulneración da privacidade na rede. Análise da imaxe e elementos paratextuais dos textos icónico-verbais e multimodais.
- Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
- Interacción oral e escrita de carácter informal: tomar e ceder a palabra. Cooperación conversacional e cortesía lingüística. Escoita activa, asertividade e resolución dialogada dos conflitos.
- Comprensión lectora: sentido global do texto e relación entre as súas partes. A intención do emisor. Detección de usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal. Os abusos de poder e a manipulación a través da linguaxe.
|
Bloque II |
- Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
- Estratexias de uso progresivamente autónomo de dicionarios e manuais de gramática para obter información gramatical básica.
|
Bloque IV |
No seguinte cadro preséntanse os obxectivos de materia tratados na unidade do REA:
| Obxectivos |
Descrición |
| OBX3 |
Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecementos e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais. |
| OBX5 |
Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas. |
| OBX6 |
Seleccionar e contrastar información procedente de diferentes fontes de maneira progresivamente autónoma, avaliando a súa fiabilidade e pertinencia en función dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de manipulación e desinformación, e integrala e transformala en coñecemento para comunicala desde un punto de vista crítico e persoal e, ao mesmo tempo, respectuoso coa propiedade intelectual. |
OBX10
|
Pór as propias prácticas comunicativas ao servizo da convivencia democrática, da resolución dialogada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas as persoas, utilizando unha linguaxe non discriminatoria e desterrando os abusos a través da palabra para favorecer un uso non só eficaz, senón tamén ético e democrático, da linguaxe. |
As competencias clave e os descritores operativos traballados son:
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
1, 3, 5
|
| Competencia plurilingüe (CP) |
2, 3 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM) |
1 |
|
Competencia dixital (CD)
|
1, 2, 3, 4 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
3, 4, 5 |
| Competencia cidadá (CC) |
1, 2, 3 |
| Competencia emprendedora (CE) |
1, 3 |
| Competencia en conciencia e expresións culturais (CCEC) |
2, 3 |