Conectamos co mundo!
O REA Conectamos co mundo! mantén a estrutura en fases dos REA do Proxecto cREAgal:
Fase 1. Un mar de posibilidades:
Nesta primeira fase de descrición do reto explícase cal vai ser o produto final da situación de aprendizaxe: crear un blog de aula no que se publiquen contidos sobre os usos da rede e que sirva como espazo de investigación e reflexión. A partir de aí, publicarase un díptico dixita no que se recollan advertencias e recomendacións para unha navegación segura.
Fase 2. Comeza a navegación:
Na fase de exploración trabállase cos coñecementos previos. En primeiro lugar, lerase un fragmento da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, que permite reflexionar sobre os perigos das redes sociais e, en segundo lugar, analizarase unha noticia sobre a prohibición dos móbiles que dea lugar a análise e á reflexión sobre a obxectividade e a subxectividade das noticias.
Fase 3. Navegamos con respecto:
Na terceira fase, a de conexión de coñecementos, traballarase coa comparación dunha mesma noticia en varios xornais para facer, a partir de aí, unhas pílulas informativas nas que se divulguen os usos discriminatorios da linguaxe presentes nos textos xornalísticos.
Fase 4. O poder da comunicación:
Esta é a fase de reto final. Nela complétanse os elementos que dan sentido ao reto, que nesta caso é o díptico dixital cos datos recollidos no traballo de investigación sobre a rede elaborado na fase 1. O díptico farase nun formato dixital que permita que se comparta de xeito doado a través do correo electrónico.
Fase 5. O final da viaxe:
Na última fase, a de conclusión, cada grupo resumirá e explicará a súa noticia, mostrará a pílula informativa que gravou, ensinará o seu díptico informativo explicará o que aprendeu realizando estes traballos co fin de poder avaliar e coavaliar xunto co resto do grupos para poder valorar o traballo feito e os resultados.