O átomo. Radiactividade

Visto: 36 veces
Votos
Aínda sen votos

13/01/2021

átomo

Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.

OD9. O átomo. Radioactividade.

Obxectivos

  • Entender o concepto de átomo
  • Coñecer o modelo atómico de Rutherford
  • Entender os conceptos de número atómico, másico e isótopo
  • Informarse dalgunhas aplicacións dos isótopos radioactivos
  • Saber calcular o número de partículas en átomos neutros de diferentes elementos
  • Entender o concepto de desintegración nuclear
  • Coñecer os tres tipos de radiacións naturais: alfa, beta e gamma
  • Valorar o traballo da científica Lise Meitner
  • Coñecer o básico do proceso de fisión nuclear, as súas aplicacións e perigos
  • Saber facer cálculos sinxelos de probabilidade

Breve resumo
Neste tema facemos unha introdución ó concepto de átomo coa explicación do modelo visualmente máis sinxelo de entender para os alumnos neste nivel, o modelo de Rutherford. Ademais explicamos as partículas que compoñen o átomo e como calcular o seu número en átomos neutros. Moitos isótopos non son estables, o que nos leva o concepto de desintegración nuclear e as radiacións naturais. Daquí pasamos a procesos artificiais como a fisión nuclear, formulada conceptualmente pola científica Lise Meitner. Dado que a desintegración nuclear é un proceso probabilístico, é un bo momento para aprender a facer cálculos sinxelos de probabilidade.

O átomo. Radiactividade

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2021-01-13
Imaxe

Recursos relacionados
Galego