Física e Química 2ºESO: OD5. Os estados da materia
Conxunto de 25 ODs de Física e Química de 2º ESO relacionados con contidos de matemáticas e bioloxía do mesmo curso, con actividades en galego e inglés e sobre mulleres científicas.
UD5. Os estados da materia
Obxectivos
- Recoñecer as propiedades dos diferentes estados de agregación da materia
- Comprender e interpretar os cambios de estado da materia a través do modelo cinético-molecular.
- Aprender os conceptos de punto de fusión e de ebullición.
- Relacionar os cambios de estado da materia cos que suceden na natureza.
- Identificar os diferentes sitios onde reside a auga na Terra nos seus diferentes estados.
- Coñecer algúns cambios de estado de substancias diferentes da auga
- Manexar algunhas expresións alxebraicas sinxelas.
Breve resumo
Se nos paramos un intre e miramos ao noso redor, é moi fácil comprobar que e estamos rodeados de materia. Dita materia non sempre se presenta da mesma forma, senón que pode aparecer en diferentes estados. Nesta unidade afondaremos nos tres estados máis importantes da materia, xa que outros serán analizados en unidades posteriores, e trataremos de adentrarnos no mundo molecular para darlles unha explicación a ditos estados. Trataremos de achegarnos tamén ás expresións máis sinxelas que utilizan letras e números, as expresións alxebraicas.