Saltar navegación

O ÁTOMO. RADIACTIVIDADE

OBXECTIVOS

  1. Entender o concepto de átomo.
  2. Coñecer o modelo atómico de Rutherford.
  3. Entender os conceptos de número atómico, másico e isótopo.
  4. Informarse dalgunhas aplicacións  de isótopos radiactivos.
  5. Saber calcular o número de partículas en átomos neutros de diferentes elementos.
  6. Entender o concepto de desintegración nuclear.
  7. Coñecer os tres tipos de radiacións naturais: alfa, beta e gamma.
  8. Valorar o traballo da científica Lise Meitner.
  9. Coñecer o básico do proceso de fisión nuclear, as súas aplicacións e perigos.
  10. Saber facer cálculos sinxelos de probabilidade.

ATOMS

In ancient Greece, the philosophers Leucippus and Democritus believed that matter was made of small particles and therefore could not be divided indefinitely.. They thought there had to be an inseparable or indestructible block. They called these particles atoms, which means "indivisible".

This idea was put aside by scientists until 1808, when John Dalton formulated the hypothesis that matter was composed of elemental units that could not be altered or divided. He also called them atoms.

Nowadays, with the help of special microscopes, we can see individual atoms and even interact with them.

TRADUCIÓN

Na antiga Grecia, os filósofos Leucipo e Demócrito crían que a materia estaba feita de pequenas partículas e polo tanto non podía ser dividida indefinidamente. Pensaban que tiña que haber un bloque indestrutible e inseparable. Chamaron a estas partículas átomos, que significa "indivisible".

Esta idea foi deixada de lado polos científicos ata 1808, cando John Dalton formulou a hipótese de que a materia estaba composta de unidades elementais que non podían ser alteradas ou divididas. Tamén os chamou átomos.

Na actualidade, coa axuda de microscopios especiais, podemos ver átomos individuais e incluso interaccionar con eles.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.

Pregunta 1

O filósofo Leucipo só ideou o concepto de átomo.

Pregunta 2

Actualmente sábese que os átomos son indivisibles.

Pregunta 3

Aínda non podemos ver átomos individuais.

DEFINITIONS

ATOM: The smallest particle  a simple substance can be divided into without losing its chemical properties.

CHEMICAL ELEMENT: a substance made only of one type of atoms.

O MODELO ATÓMICO DE RUTHERFORD

Este é o modelo máis visual e comprensible para 2º da ESO.

En 1913 o neozelandés Rutherford, tras un experimento crucial cunha lámina de ouro, que veredes en 3º, formulou un modelo atómico. Este modelo parécese un pouco a un sistema planetario. Nel hai unha zona central, o núcleo, onde se concentran as partículas positivas chamadas protóns. O núcleo é moi pequeno, mide aproximadamente uns 10-14 m. Arredor del xiran os electróns, con carga negativa, a unha distancia media de 10-10m. Esto significa que ocupan unha esfera de radio aproximadamente 10000 veces maior que a esfera nuclear. O volume dun átomo é un trillón de veces maior co do núcleo. Así que a meirande parte é espacio vacío!

Wikimedia Commons CC BY SA

En 1932 Chadwick descubriu os neutróns, partículas sen carga que tamén se aloxan no núcleo.

DEFINICIÓNS

Número atómico: número de protóns do átómo. Os elementos ordénanse na táboa periódica segundo número atómico crecente. Simbolízase por Z.

Número másico: é o número total de protóns e neutróns que hai no núcleo. O símbolo para o número másico é a letra A.

Isótopos:  son átomos do mesmo elemento co mesmo número de protóns pero diferente de neutróns. É dicir, o mesmo número atómico pero diferente número másico.

Un átomo dun elemento represéntase desta forma:

O número másico arriba á esquerda do símbolo e o número atómico á esquerda abaixo.

ENGLISH

Atomic number: is the same number of protons there are in the nucleus of an atom. It identifies each element. The symbol for the number of protons is the letter Z.

Mass number: is the total numberof protons and neutrons there are in the nucleus. The symbol for the mass number is the letter A.

Number of neutrons = mass number(A) - number of protons

Isotopes are varieties of atoms with the same atomic number but a different mass number. Therefore, they are the same element, but they have a different number of neutrons in their nucleus.

ANIMACIÓN

Na seguinte animación podes construir átomos coas súas partículas.

ANIMACIÓN ÁTOMO

COMPLETAR

Completa a seguinte táboa calculando o número de partículas subatómicas de cada isótopo. Terás que consular unha táboa periódica, por exemplo a do tema metais.

ISÓTOPO Neutróns Protóns(Z) Electróns A
CARBONO 13
CALCIO 20
URANIO 238
COBALTO 60
OSÍXENO 18
XOFRE 16