A investigar apréndese investigando (en galego). Parte I

Visto: 39 veces
Votos
Aínda sen votos

03/02/2025

Portada do recurso

Este REA pretende ser un soporte para deseñar, desenvolver e avaliar proxectos de investigación na aula, en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). 

Os proxectos de investigación enténdense como unha forma de Aprendizaxe Baseada en Proxecto (ABP) , nos que se reproducen todas as fases que se desenvolven diariamente no traballo científico.
É unha proposta centrada nas competencias clave en xeral e nas científicas en particular, que se fundamenta en que a investigación é unha aprendizaxe activa, onde a teorización exclusiva non serve de moito. Como se reflicte no título: a investigar apréndese investigando.

O obxectivo xeral é apoiar o ensino e a aprendizaxe das ciencias cunha ferramenta aberta (en galego e castelán) que facilite a planificación, desenvolvemento e avaliación de proxectos de investigación nas materias do ámbito científico, especialmente en Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Ámbito científico-tecnolóxico da ESO.

En todo caso, calquera docente de calquera materia, ámbito ou módulo que desexe desenvolver un proxecto de investigación, ten aquí un apoio para implementalo na aula, tamén no Bacharelato ou na Formación Profesional.

A investigar apréndese investigando (en galego). Parte I

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2025-02-03
Imaxe

Recursos relacionados
Galego