Fundación Intelligere & co. Presentación do proxecto (Versión en castelán)

Este ODE é unha introdución a unha serie de cinco Obxectos Dixitais Educativos (ODE) destinados ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE é presentar unha situación de aprendizaxe para promover dinámicas cooperativas, formar os grupos de traballo no caso de que se necesiten dinámicas específicas para deseñalos e introducir unha análise previa das IA para avaliar os coñecementos de partida do alumnado ao que vai dirixido.
A proposta parte da creación dunha situación ficcional: a existencia dunha fundación, Intelligere & co. que investiga e fai desenvolvemento no campo da IA. A través deste motivo o alumnado
Traballa unha serie de situacións de aprendizaxe nas que explora o universo das IA e as súas aplicacións e habilita o traballo competencial.
A estrutura modular do proxecto permite adaptar o ODE (ou partes del) a outras materias do currículo. O curso recomendado para a súa aplicación é 4º da ESO, xa que require competencias dixitais previas, unha certa madurez na argumentación e inclúe contidos curriculares axeitados, como o estudo dunha etapa literaria específica.