Fundación Intelligere & co. Axencia de análise (Versión en castelán)

Visto: 26 veces
Votos
Aínda sen votos

15/05/2025

Portada do ode2

Este ODE é o segundo dunha serie de cinco secuencias didáticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é que o alumnado sexa quen de comprender os diferentes tipos de intelixencia artificial e os seus usos na vida cotiá, valorar as limitacións da IA na construción de significado, recoñecer as características fundamentais dos textos instrutivos, e sobre todo ler criticamente os textos dixitais xenerados por IA e detectar nesgos de representación en diferentes tipos de contidos, incluídos os xerados por IA.

A proposta parte da creación dunha situación ficcional: a existencia dunha fundación, Intelligere & co. que investiga e fai desenvolvemento no campo da IA. A través deste motivo o alumnado traballa unha serie de situacións de aprendizaxe nas que explora o universo das IA e as súas aplicacións e habilita o traballo competencial.

A metodoloxía está orientada a formar equipos de traballo que superen diversos retos relacionados coa intelixencia artificial e as súas interseccións coa cultura, a comunicación e a lingua.

A estrutura modular do proxecto permite adaptar o ODE (ou partes del) a outras materias do currículo. O curso recomendado para a súa aplicación é 4º da ESO, xa que require competencias dixitais previas, unha certa madurez na argumentación e inclúe contidos curriculares axeitados.

Fundación Intelligere & co. Axencia de análise (Versión en castelán)

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2025-05-15
Imaxe

Recursos relacionados
Galego