Club a golpe de tecla
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida xira arredor das actividades que se realizan nos recreos dos centros educativos, as cales adoitar ter asociados unha serie de documentos como son a folla de inscrición ou o horario. No reto propónselle ao alumnado crear un club que promova novas opcións de ocio no seu centro educativo. Ese club precisará dunha documentación que o describa e organice e que será elaborada polos estudantes empregando o procesador de textos. No proceso de elaboración, o alumnado interiorizará a necesidade de manter a información dixital ordenada e ben xestionada, adquirirá o hábito de asignar nomes adecuados aos ficheiros e afondará no manexo das múltiples ferramentas de maquetaxe que LibreOffice Writer ofrece.