Comer polos ollos
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a realización de tarefas de edición e tratamento básico de imaxes en mapa de bits (con GIMP) e de modificación de gráficos vectoriais (con Inkscape).
No reto proposto, o alumnado terá que deseñar un cartel dixital animado en formato GIF. En concreto, o alumnado levará a cabo tarefas de: preparación de imaxes, axuste de tamaño e formato, combinación de elementos gráficos e tipográficos, organización da composición visual do cartel, integración dos distintos fotogramas da animación final, selección de imaxes segundo as súas licenzas de uso e organización dos ficheiros empregados.