EducACCIÓN dixital

Visto: 123 veces
Votos
Media: 5 (6 votos)

17/06/2026

Portada do REA1 para a materia de Educación Dixital de 3º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6-  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe parte dun ciberataque ficticio no centro educativo do alumando que orixina problemas a diferentes niveis -tanto técnicos como de seguridade- presentados en forma de casos de estudo. Neste contexto, o alumnado asume o papel de especialista encargado de diagnosticar e resolver un dos tres casos propostos, incorporando tamén medias preventivas axeitadas. Para afrontar este reto, o alumnado traballa contidos relacionados co hardware, o software e a ciberseguridade.

O produto final consiste na elaboración dun informe no que se recolla a análise e a resolución do caso seleccionado. Este informe complétase cun elemento visual de apoio (infografía, mapa mental etc.) que sintetice a información máis relevante.

Guía didáctica

EducACCIÓN dixital

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (6 votos)
2026-06-17
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego