Introdución á IA. Respóndelle a UX1A

Visto: 0 veces
2024-01-25

Descrición: Vídeo interactivo, baseado na entrevista coral ás expertas en IA Verónica Bolón, Sara Guerreiro e Minia Manteiga, no que o alumnado irá afianzando os seus coñecementos sobre cuestións esenciais sobre a Intelixencia Artificial a través de sinxelas preguntas ao final de cada bloque temático.

Este contido complementa ao de "As entrevistas de UX1A", que incorpora o vídeo lineal (sen preguntas) das expertas con todos os controis habilitados (avance, retroceso, pause, subtítulos etc.) e os vídeos individuais de cada unha delas.

Introdución á IA. As entrevistas de UX1A

Visto: 0 veces
2023-02-01

Materia: Intelixencia artificial

Descrición: Entrevistas en vídeo nas que as expertas Verónica Bolón, Sara Guerreiro e Minia Manteiga responden a cuestións esenciais sobre a Intelixencia Artificial como “que é”, “onde a atopamos”, “cales son os seus beneficios e riscos” e “que papel teñen as mulleres na IA”, que permiten achegar esta nova e revolucionaria disciplina ao alumnado.
O contido incorpora un vídeo pregunta-a-pregunta no que as expertas responden a UX1A de forma coral e tres entrevistas individuais.