- 591 views
O recurso pretende integrar os bloques de contidos de Tecnoloxía da ESO, en base ao uso vehicular dos recursos e materiais tecnolóxicos da cultural téxtil, incluíndo o uso novidoso do material e-téxtil (para traballar Electricidade e Electrónica) e da controladora AdaFruit Playground Circuit Express (para Control e Robótica).
A nosa proposta é vertebrar e integrar os contidos de Tecnoloxía da ESO nun taller téxtil e e-téxtil. Na proposta de TECENDO CÓDIGO conectamos os 3 grandes bloques ou fontes curriculares da Tecnoloxía (debuxo-deseño, Tecnoloxía industrial, TIC) a traves do traballo baseado no material téxtil (o gran ignorado dos materiais industriais).
O uso do textil como material básico de traballo na aula debería permitir unha maior conexión emocional do alumnado coa materia de Tecnoloxía, pois o téxtil é o material de maior uso cotiá, e consideramos que permitirá incentivar n@s rapaz@s a vocación STEAM.