Calor e temperatura. Álxebra

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 3 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade céntrase no estudo da calor como forma de transferencia de enerxía térmica entre corpos así como os seus efectos, en especial os cambios de estado de agregación, os efectos da calor sobre os seres vivos e as adaptacións destes aos cambios de temperatura.

A enerxía e as súas fontes. Porcentaxes e aplicacións

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 2 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Continuación dos contidos da Unidade didáctica 1 do módulo 2, referidos á enerxía (fontes de enerxía, renovables e non renovables, repercusións no medio ambiente,...); remata o bloque con algúns datos sobre a produción, o transporte e o consumo de enerxía en Galicia.

A enerxía. Razón e proporción

Visto: 0 veces
2014-09-29

Unidade didáctica 1 para o módulo 2 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
A enerxía, formas e propiedades. Na segunda parte da unidade trátanse as proporcións numéricas, magnitudes inversa e directamente proporcionais, regra de  tres, reparticións proporcionais, etc.

Estatística. A materia viva e os seres vivos

Visto: 0 veces
2014-09-26

Unidade didáctica 8 para o módulo 1 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Na sección sobre estatística trátase sobre as formas de recollida de datos, organización, interpretación e construción de táboas e gráficos.
Νa segunda parte sobre a materia viva, os contidos xiran arredor da súa composición e funcionamento, a célula e os cinco reinos nos que se clasifica aos seres vivos.

Internet. Os números enteiros. Estrutura da Terra

Visto: 0 veces
2014-09-26

Unidade didáctica 3 para o módulo 1 do ámbito científico-tecnolóxico da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Esta unidade ten contidos relacionados con internet e o seu uso, os números naturais (representación e operacións) e o estudo da estrutura de Terra.