Un mundo por proteger

Visto: 0 veces
2025-08-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Na situación de aprendizaxe proposta o alumnado adquirirá os coñecementos, destrezas e habilidades necesarias para elaborar un texto descritivo. O obxectivo é estimular a imaxinación e elaborar distintos tipos de textos descritivos, tanto en función do punto de vista, como en función da temática.

Protege tu intimidad

Visto: 0 veces
2025-08-08

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

Ao longo da situación de aprendizaxe proposta o alumnado aprenderá a coñecer e valorar a súa tradición literaria e a xestionar a información a través da análise crítica das mensaxes aparecidas nos medios de comunicación e nas redes sociais.

Naveguemos e voemos!

Visto: 0 veces
2025-08-07

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor o coñecemento da atmosfera, da hidrosfera e da problemática ambiental asociada a estes dous sistemas, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos saberes da materia. 

Esas pedras preciosas

Visto: 0 veces
2025-08-07

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe pretende iniciar ao alumnado no coñecemento da xeosfera, a tectónica de placas, os minerais, as rochas e a explotación destes recursos. Ao longo do proceso comprenderán a estrutrura e dinámica terrestres e o proceso de formación das rochas; identificarán minerais e rochas e comprenderán a importancia de promover unha explotación de recursos sostible.

Un fogar para todos

Visto: 0 veces
2025-08-07

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe céntrase no coñecemento da biodiversidade no planeta Terra, cun enfoque competencial orientado á investigación, á análise e á aplicación práctica dos saberes da materia.

Animais e diversos

Visto: 0 veces
2025-08-07

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor un percorrido polo Reino Animal, facilitando que o alumnado adquira coñecementos relacionados co nicho ecolóxico que ocupan os diversos grupos animais vertebrados e invertebrados, fomentando o desenvolvemento de competencias científicas e intelectuais a través dunha aprendizaxe activa e colaborativa. 

Sistemas de vida

Visto: 0 veces
2025-08-06

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor un percorrido a través de todos os compoñentes e relacións dos ecosistemas. Durante o proceso, o alumnado irá incorporando datos relacionados co estado actual de desequilibrio do medio natural e os seus recursos.

Fundación Intelligere & co. Axencia de deseño (Versión en castelán)

Visto: 0 veces
2025-05-15

Este ODE é o quinto e último dunha secuencia do proxecto Intelligere & Co, unha serie de cinco secuencias didácticas dedicadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a lingua. O seu propósito é que elaboren un prototipo co que demostren que aprenderon as distintas características da IA e como deben deseñar o seu despregue dende unha perspectiva crítica.

Fundación Intelligere & co. Axencia de creación (Versión en castelán)

Visto: 0 veces
2025-05-15

Este ODE é o cuarto dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado na interrelación entre a IA e a literatura, os modos lingüísticos propios da era dixital e da IA e un percorrido histórico pola evolución da ciencia ficción.