Esas pedras preciosas

Visto: 781 veces
Votos
Media: 5 (9 votos)

07/08/2025

Imaxe do REA02 de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO.

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe pretende iniciar ao alumnado no coñecemento da xeosfera, a tectónica de placas, os minerais, as rochas e a explotación destes recursos. Ao longo do proceso comprenderán a estrutrura e dinámica terrestres e o proceso de formación das rochas; identificarán minerais e rochas e comprenderán a importancia de promover unha explotación de recursos sostible.

No reto proposto, o alumnado deseñará un xeoparque local -representado nun plano ou mapa da súa vila, cidade ou comarca- no que se identificarán e localizarán con precisión diferentes puntos de interese xeolóxico, elaborando así un produto final contextualizado.

Guía didáctica

Esas pedras preciosas

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (9 votos)
2025-08-07
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego