De microbios a plantas: misión científica
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Este recurso aberto ten como obxectivo principal fomentar no alumnado o desenvolvemento de competencias científicas e intelectuais a través dunha aprendizaxe activa, colaborativa e baseada na ciencia cidadá. Mediante a indagación sobre os reinos Monera, Protoctista, Fungos e Plantas, o alumnado identificará características, establecerá relacións, clasificará organismos, describirá procesos e buscará información de xeito autónomo. Ademais, ao participar en actividades de ciencia cidadá, implicaranse en proxectos reais de recollida e análise de datos, contribuíndo ao avance do coñecemento científico e conectando o seu traballo coa comunidade. Deste xeito, potenciaranse o pensamento crítico, a resolución de problemas e o traballo en equipo, ao mesmo tempo que se recoñece a ciencia como unha ferramenta fundamental para comprender o mundo físico-natural que nos rodea e intervir nel con creatividade e rigor.