Desmontando monumentos con la llave G

Visto: 705 veces
Votos
Media: 5 (9 votos)

22/01/2025

Imaxe da portada do REA 5 de Matemáticas de 1º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 7- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo principal que o alumnado aprenda a recoñecer os elementos básicos de xeometría e medida a través da arte máis próxima, concretamente en edificios de valor histórico e outras construcións singulares. Tamén busca a sensibilización sobre o coidado do noso patrimonio, a posta en valor dos recursos públicos e a visualización e verbalización da beleza das matemáticas.

No reto proposto, o alumnado elixirá un monumento da súa contorna e terá que elaborar en grupo un panel informativo con descricións e representacións gráficas da construción escollida. Será no seu deseño onde se poñan en práctica os coñecementos correspondentes aos tres sentidos matemáticos implicados: o da medida, o espacial e o socioafectivo.

Guía didáctica

Desmontando monumentos con la llave G

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (9 votos)
2025-01-22
Imaxe
Imaxe da portada do REA 5 de Matemáticas de 1º de ESO

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 7- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo principal que o alumnado aprenda a recoñecer os elementos básicos de xeometría e medida a través da arte máis próxima, concretamente en edificios de valor histórico e outras construcións singulares. Tamén busca a sensibilización sobre o coidado do noso patrimonio, a posta en valor dos recursos públicos e a visualización e verbalización da beleza das matemáticas.

No reto proposto, o alumnado elixirá un monumento da súa contorna e terá que elaborar en grupo un panel informativo con descricións e representacións gráficas da construción escollida. Será no seu deseño onde se poñan en práctica os coñecementos correspondentes aos tres sentidos matemáticos implicados: o da medida, o espacial e o socioafectivo.

Categoría
Creagal
Galego