Fiesta del Patrón
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 7- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo principal a introdución á álxebra empregando como elemento motivador as casetas dunhas festas patronais. No proceso trabállanse tamén contidos vinculados ao sentido socioafectivo, fomentando o control das emocións e o traballo en equipo.
No reto proposto, cada grupo elixirá que caseta vai organizar e deseñará, empregando os coñecementos de álxebra adquiridos, os xogos, trucos e outras actividades que achegarán a esta edición da "Festa do Patrón".